xoves, 24 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o Día do Libro o alumnado de 2° e 4° ESO de Proxecto Competencial elaborou unha serie de traballos sobre "Libros raros" e "Libros e Cancións".


Así, repasamos libros que serviron de inspiración para cancións como "Electric eye" de Judas Priest  inspirada en "1984" de Orwell ou "Wonderland" de Taylor Swift inspirada na obra de Lewis Carroll "Alicia no país das marabillas". 


Por otra banda o alumnado de 4° investigou sobre Libros raros, indescifrables, máxicos ou libros encuadernados con pel humana.



luns, 21 de abril de 2025

SEMANA CULTURAL

Case todas as actividades relizadas na II Semana Cultural no IES de Mugardos quedan recollidas no seguinte vídeo.


venres, 7 de marzo de 2025

8 - MARZO

 MULLERES QUE CONTAN

O alumnado de Proxecto Competencial (2º ESO) traballou sobre algunhas mulleres escritoras de distintas épocas e estilos: desde Mary Shelley co seu "Frankenstein" a J.K.Rowling con "Harry Potter", pasando pola poesía de Emily Dickinson ou a de Rosalía de Castro, entre outras. O traballo plasmouse nunha serie de cartas de admiradores nas que se recoñece o valor da obra de cada escritora e a súa achega á cultura xeral. Por suposto, faltan moitas por lembrar e recoñecer.

Pola súa banda, o alumnado de Proxecto Competencial de 4º ESO traballou sobre a relación existente entre tecer e escribir: desde a etimoloxía compartida de palabras como "texto" e "téxtil", á existencia de termos comúns entre os textos e os téxtiles ("nó da historia", "fío do relato", "bordar un discurso"...), compartimos a hipótese de Irene Vallejo de que na antigüidade as mulleres foron as narradoras por antonomasia, pois elas, ligadas aos labores de costura, contaban historias e contos e por iso utilizaban as metáforas do tear. A partir de aquí vimos a relación entre mulleres que contan e distintas producións téxtiles, tanto reais (produción de dechados con mensaxes directas ou teas bordadas con mensaxes ocultas) como ficticios (o fío da vida que tecen as Moiras, o mito de Aracne, o tear de Penélope, o fío de Ariadna...)

domingo, 23 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA

 


O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro cun podcast que recolle algúns dos seus poemas na voz do alumnado de 2 e 3 da ESO de Música. O podcast, presentado polo alumnado de Oratoria (4 ESO), mostra os traballos de edición nos que se mesturan poesía, música e efectos de son para lembrar a Rosalía no seu día.

luns, 17 de febreiro de 2025

14 - FEBREIRO

 Para celebrar o día de San Valentín o alumnado de Proxecto Competencial (2º e 4º ESO) e o de Latín (4º ESO) recompilou información sobre distintos aspectos relacionados co amor: desde refráns populares a poetas clásicos pasando por mitos e síntomas do namoramento, ou por historias de amor inmortais e os tipos de amor existentes, o seu traballo móstranos unha visión moi ampla do amor. Ademais todos estes achegamentos serviron de inspiración para a composición de poemas que nos lembran que o amor é e foi sempre unha fonte inesgotable de inspiración.

sábado, 15 de febreiro de 2025

Día Mundial da Radio

 O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio participando na iniciativa desenvolvida por Ponte... nas Ondas! cun traballo do alumnado de Oratoria (3 ESO) sobre as causas e consecuencias do cambio climático 



martes, 4 de febreiro de 2025

domingo, 2 de febreiro de 2025

30- XANEIRO DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 


O 29 de xaneiro celebrouse no Salón de Actos do centro unha charla para conmemorar/concienciar ao alumnado no Día da Paz da man da Asociación "Solidariedade Galega co Pobo Saharauí" (SOGAPS). Falaron do Proxecto "Vacacións en Paz" e da situación do pobo saharauí, que despois de 50 anos sobrevive nos campamentos de refuxiados, na zona máis inhóspita do deserto. O alumnado coñeceu a súa situación e compartíu  experiencias propias ademais de participar
nun improvisado desfile de moda 



Por outra banda o alumnado de Música de 3º ESO fixo unha selección de cancións que teñen como tema principal o desexo de paz no mundo


Neste día os Equipos de Polos Creativos e Dinamización Lingüística do centro organizaron un concurso de chapas con debuxos e frases en galego. O certame, dirixido ao alumnado da ESO, buscou fomentar a creatividade e a reflexión sobre a importancia da paz. Despois dunha gran participación os gañadores foron tres alumnas de 3º ESO e unha de 1º ESO que destacaron polos seus deseños e mensaxes inspiradoras.


martes, 21 de xaneiro de 2025

ReciclARTE

 GAÑADORES DO CONCURSO DE FABRICACIÓN DE INSTRUMENTOS E DECORACIÓN CON MATERIAIS RECICLADOS 

Logo dunha longa deliberación (había moito nivel nas pezas presentadas) o xurado decidiu conceder o primero premio a Diana (2 ESO) polo seu dragón de origami 3D. O segundo premio ex aequo foi para a pandereta de Miriam (3 ESO) e o pau de choiva de Noa (2 ESO). E o terceiro premio foi para o chifre de Bruno (2 ESO). Parabéns aos premiados e a todo o alumnado participante no proxecto.



xoves, 26 de decembro de 2024

ReciclARTE

No centro este ano temos a sorte de contar coa colaboración de Bea Edreira Guerra, unha artista da reciclaxe que expuxo parte das súas obras no vestíbulo da entrada

Coa súa dirección e colaboración desenvolvemos un proxecto de construción de instrumentos musicais co alumnado de 2º e 3º de Música, e un proxecto de traballo e aproveitamento de papel co alumnado de 2º e 4º de Proxecto Competencial. O resultado podédelo ver neste vídeo.