venres, 29 de maio de 2020

2º ESO MÚSICA

2º ESO
MÚSICA

SÓ PARA QUEN TEÑA ALGUNHA AVALIACIÓN SUSPENSA
(ata o 15 de xuño)

2º ESO MÚSICA

2º ESO
MÚSICA

Aquí déixovos o último traballo para facer. Os que teñades algunha avaliación suspensa tedes ademáis que facer o último pdf (os que tedes as dúas avaliacións aprobadas non o tedes que facer) que subirei noutra entrada.
DATA DE ENTREGA: ATA O 15 DE XUÑO

PARA TODOS

AUDICIÓN
Facede un comentario completo da seguinte audición (redactado, non indicando os apartados)

Tedes que poñer dous instrumentos en clave de sol, copiar o baixo como está e engadir as notas que vexades onde hai silencios (podedes deixar algún silencio)



TEST

E rematamos cos test cun encrucillado sobre termos musicais

1º BACH MÚSICA

1º BACHARELATO
LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL

Aquí déixovos o último traballo desta materia. Tedes ata o 15 de xuño para entrégalo.

1ª parte:
AUDICIÓN. Facede un comentario completo da seguinte obra





2ª parte: 

TRABALLO DE EDICIÓN DE PARTITURAS (Musescore/Score Creator)
Completa a melodía (non quere dicir que teñades que cambiar todos os silencios por notas, pero sí encher unha melodía que ten demasiados ocos) tendo en conta que estamos en Re menor (lembrade os graos principais)


3ª parte:


TEST de recursos musicais. Tende en conta o significado dos seguintes termos: ostinato, nota pedal, melisma, contrapunto, homofonía, arpegio, baixo Alberti, secuencia melódica, acorde e melodía acompañada.


luns, 18 de maio de 2020

1º BACHARELATO

1º BACHARELATO
CORRECCIÓNS

Aquí déixovos as correccións das audicións e das preguntas sobre o fenómeno físico-armónico. Lembrade o traballo/presentación sobre o aparato fonador (hasta finais de mes)

TRABALLO ARTES ESCÉNICAS

4º ESO
ARTES ESCÉNICAS E DANZA

Hoxe imos facer un pequeno repaso dalgunhas cousas que temos visto no curso. Tedes para entregalo hasta o 29 de maio

TRABALLO VALORES

2º ESO
VALORES ÉTICOS

Bo día, hoxe déixovos unha nova tarefa para facer. Tedes que facer unha presentación sobre o filósofo que máis temos nomeado no curso. Lembrades a Aristóteles? Pois o traballo consiste en facer unha presentación sobre tres puntos concretos: 
O home como ser social
A virtude como termo medio
O eudemonismo

Tedes hasta o 5 de xuño para facer o traballo

2º ESO MÚSICA

2º ESO MÚSICA
NOVA TAREFA

Bo día a todos, hoxe déixovos unha clase para repasar e ampliar un pouco algo que xa temos traballado. Recordades as alteracións? pois imos darlle unha volta máis a estes signos musicais. Logo de ver a clase, tedes que facer un par de test (e como sempre mandarme os resultados). Tedes hasta o 25 deste mes para facelos.

Aproveito para recordarvos que tedes que entregar o traballo de Audacity (xa sei que algúns xa o tedes feito). Tedes hasta finais de semana (22 maio)



Agora a facer os test

sábado, 16 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

17 DE MAIO
DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas adicado, este ano tan especial, a Ricardo Carballo Calero.

Ricardo Carvalho Calero (1910-1990) foi unha figura polémica ao longo dos anos. Por unha banda, por tratarse dun home trascendental na evolución da creación, a expresión literaria e a loita polo idioma, que logrou levar ao máis alto a historia da literatura galega. Por outra banda , polas reiteradas candidaturas na sede da Academia para ser homenaxeado o 17 de maio, que foron rexeitadas ao longo dos anos. 
O autor naceu e criouse  no barrio de Ferrol Vello, ata que se trasladou a Santiago de Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras. Foi alí onde se adentrou tanto no galeguismo coma nos movementos culturais da época, como o Seminario de Estudos Galegos, e que o levou a exercer unha activa militancia nacionalista.
Carvalho Calero colaborou con numerosas publicacións, como A Nosa Terra, ademais de impulsar as súas primeras obras cultivando o xénero poético, primero en castelán e despois en lingua galega. Tras o golpe militar, o autor entrou  en combate como miliciano do bando constitucional e republicano, e posteriormente foi represaliado, condenado por separatista e recluído en Xaén. A pesar diso, a partir de 1941 puido saír do cárcere,  entregouse á ensinanza privada en Lugo e reencontrouse cos galeguistas que permaneceron en Galicia.
Era un home cunha gran capacidade de servizo á sociedade, que o levou a impulsar a creación dunha Gramática galega, fundamental para a textualización da cultura. Hai que destacar tamén, o seu carácter pioneiro nos estudos rosalianos, xa que  contribuiu a fundamentar a crenza do valor de Rosalía como unha figura clave nas nosas letras.
Cabe destacar a súa valiosa obra literaria, tanto como poeta como narrador, e valorar o seu papel na historia galega, levando unha vida moi coherente e de  entrega ao  país, e consagrándose como un intelectual honrado e honesto, que se converteu no principal inspirador do Reintegracionismo.


 

Para unirnos a esta celebración o equipo de Dinamización Lingüística e o equipo da Biblioteca do centro, contando coa colaboración dalgúns alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato, tentamos dar vida a un dos seus poemas ("Ferrol, 1916") no seguinte vídeo. E para que todo quede pola zona ás palabras de Carvalho Calero poñémoslles a música de Pepito Arriola. José Rodríguez Carballeira, coñecido como Pepito Arriola, foi un neno prodixio, precoz intérprete e compositor que naceu en Betanzos o 14 de decembro de 1895. Os primeiros anos da súa vida pasounos en Ferrol e a principios de 1899 a súa nai levou a Pepito a Madrid, onde comezou unha fulgurante carreira como pianista, violinista e compositor. A peza que acompaña o vídeo, titulada "Habanera" foi composta en 1898 cando tan só tiña 3 anos.
Este ano tiñamos en proxecto representar dúas pequenas obras de Carvalho Calero: o grupo de Artes Escénicas de 4º ESO estaba a ensaiar "Ou auto  do  prisioneiro" e unha parte do grupo de Obradoiro de Teatro estaba a ensaiar "A  arbre". Como non foron posibles estas representacións lembramos "A farsa das  zocas" posta en escena hai 3 anos polo grupo de Obradoiro de Teatro de 1º de Bacharelato


xoves, 14 de maio de 2020

3º ESO MÚSICA

3º ESO MÚSICA
NOVA TAREFA

Bo día a todos, hoxe déixovos un par de test para repasar o que levamos dado no curso. Tedes ata o 25 de maio para facelos.

Lembrade entregar a tarefa do Test sobre o Canon de Pachelbel e a presentación sobre Beethoven (aínda que moitos de vos xa o fixestes) antes do 20 de maio
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5264240-canon_de_pachelbel.html 

2º ESO MÚSICA

2º ESO 
MÚSICA
CORRECCIÓN DE EXERCICIOS DE REPASO

Aquí déixovos a corrección do segundo pdf, os que teñades algo mal correxídeo, e si tedes algunha dúbida mandádeme un correo.

Lembrade entregar o traballo de Audacity antes do 20 de maio


luns, 11 de maio de 2020


                                        TRABALLO DE INVESTIGACIÓN



O outro non se podía compartir. Perdón

TRABALLO 1º BACH

1º BACHARELATO
MÚSICA

Hoxe déixovos unha clase de repaso sobre análisis para que podades facer a seguinte tarefa



E aquí tedes o exercicio: ámbito, interválica, contorno melódico, comezo e final, tonalidade, textura, cadencia final


                            Entrega da tarefa ata o 25 de maio

sábado, 9 de maio de 2020

9 DE MAIO
DÍA DE EUROPA

No día de Europa do 2020, ano adicado a Beethoven, recordamos o himno da unión a partir dos traballos de Elia Durán e Xoana Pérez

luns, 4 de maio de 2020

3º ESO CORRECCIÓN EXERCICIOS

3º  ESO
CORRECCIÓN EXERCICIOS DO BARROCO

Aquí tedes a corrección das preguntas sobre o Barroco (o primeiro pdf). Botádelle unha ollada e correxide o que teñades mal (atención ao exercicio 11, que algúns deixástedelo en branco)