venres, 25 de novembro de 2022

25-N Contra a violencia de xénero

 A gañadora do Concurso de microrrelatos foi Iria Vázquez Gutiérrez de 2 Bach A 


   


A celebración do Mundial de fútbol en Qatar está envolvida en certa polémica:  as leis do país son máis restritivas para as mulleres que para os homes, limitando de maneira notable as súas opcións de vestimenta e de vínculos sociais. Estas mismas leis que non contemplan o delito de violencia de xénero tamén castigan ata coa pena de morte a homosexualidade. Ademáis fálase de explotación de inmigrantes para a construcción de estadios... É Qatar un país para estar no centro da atención mundial? Esta polémica lévanos a considerar as distintas formas de violencia contra a muller que se dan no deporte.



Andaina e concentración no centro contra a violencia de xénero




xoves, 24 de novembro de 2022

DÍA DA MÚSICA


 A Organización das Nacións Unidas, a Ciencia e a Cultura (Unesco) estableceu o 22 de novembro como o Día Mundial da Música en honra a Santa Cecilia, Patroa dos Músicos. Santa Cecilia foi unha patricia romana que foi torturada e asasinada tras converterse ao cristianismo. O Papa Gregorio XIII nomeouna en 1584 Patroa dos músicos porque demostrara unha atracción irresistible cara aos acordes melodiosos dos instrumentos. O seu espírito sensible e apaixoado por esta arte converteu así o seu nome en símbolo da música.


MÚSICAS NO CAMIÑO

O alumnado de 3ª ESO fixo un repaso da producción musical ligada ao Camiño de Santiago. Nesta exposición podemos ver, e escoitar nos códigos QR, algunhas composicións medievais importantes recollidas no Códice Calixtino e outros cantos de peregrinos. As cancións de peregrinos son case tan antigas como a peregrinación e o culto xacobeo. A súa temática é moi variada: unhas abordan a dimensión espiritual da viaxe e o seu sentido relixioso, outras narran milagres acaecidos no camiño, alimentando a fe e a devoción, e outras son cantos de itinerario que achegan gran información sobre o camiño, o roteiro a seguir, as cidades e lugares de paso, os hospitais de acollida, etc...

Ademáis, nesta exposición , o alumnado de 3º ESO presenta tamén a reconstrucción dalgúns dos instrumentos inmortalizados polo Mestre Mateo no Pórtico da Gloria.