Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de xuño de 2023

O galego dá moito xogo

 

O 19 de maio celebramos o Día das Letras Galegas deportivamente- Participou o alumnado de 1º e 2º da ESO xunto co alumnado de 6º de primaria do CEIP Apóstolo Santiago de Franza e o CEIP Unión Mugardesa. Con todos os participantes identificados con cadansúa fita de cores e distribuidos en grupos iniciouse a actividade coa Carreira da Lingua. O obxectivo era pintar un cadro seguindo as pistas acadadas na carreira. Logo os equipos participaron en distintos xogos.


mércores, 17 de maio de 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Nerea, Laura e Hugo, de Artes Escénicas e Danza, fan un repaso da vida e obra do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas




martes, 17 de maio de 2022

           DÍA DAS LETRAS GALEGAS



En 2022 este día está adicado a Florencio Delgado Gurriarán e o alumnado de Obradoiro de teatro fixo un breve repaso pola súa vida e obra.




Ademáis, como conmemorar as nosas letras é festexar a reivindicar a lingua galega, o departamento de Galego propuxo unha actividade de cinco días en galego en que toda a comunidade educativa pode participar utilizando e facendo máis visíbel o noso idioma, derribando fronteiras e prexuizos.




venres, 21 de maio de 2021

 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

No día das letras galegas, adicado a Xela Arias, fixemos un pequeno recordatorio dos primeiros pasos do cinema en Galicia, lembrando tamén a estreita relación que hai entre cine e literatura




Desde Biblioteca e Dinamización convocamos a terceira edición do concurso Tes Talento no que a poesía de Xela Arias estivo moi presente



sábado, 16 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

17 DE MAIO
DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas adicado, este ano tan especial, a Ricardo Carballo Calero.

Ricardo Carvalho Calero (1910-1990) foi unha figura polémica ao longo dos anos. Por unha banda, por tratarse dun home trascendental na evolución da creación, a expresión literaria e a loita polo idioma, que logrou levar ao máis alto a historia da literatura galega. Por outra banda , polas reiteradas candidaturas na sede da Academia para ser homenaxeado o 17 de maio, que foron rexeitadas ao longo dos anos. 
O autor naceu e criouse  no barrio de Ferrol Vello, ata que se trasladou a Santiago de Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras. Foi alí onde se adentrou tanto no galeguismo coma nos movementos culturais da época, como o Seminario de Estudos Galegos, e que o levou a exercer unha activa militancia nacionalista.
Carvalho Calero colaborou con numerosas publicacións, como A Nosa Terra, ademais de impulsar as súas primeras obras cultivando o xénero poético, primero en castelán e despois en lingua galega. Tras o golpe militar, o autor entrou  en combate como miliciano do bando constitucional e republicano, e posteriormente foi represaliado, condenado por separatista e recluído en Xaén. A pesar diso, a partir de 1941 puido saír do cárcere,  entregouse á ensinanza privada en Lugo e reencontrouse cos galeguistas que permaneceron en Galicia.
Era un home cunha gran capacidade de servizo á sociedade, que o levou a impulsar a creación dunha Gramática galega, fundamental para a textualización da cultura. Hai que destacar tamén, o seu carácter pioneiro nos estudos rosalianos, xa que  contribuiu a fundamentar a crenza do valor de Rosalía como unha figura clave nas nosas letras.
Cabe destacar a súa valiosa obra literaria, tanto como poeta como narrador, e valorar o seu papel na historia galega, levando unha vida moi coherente e de  entrega ao  país, e consagrándose como un intelectual honrado e honesto, que se converteu no principal inspirador do Reintegracionismo.


 

Para unirnos a esta celebración o equipo de Dinamización Lingüística e o equipo da Biblioteca do centro, contando coa colaboración dalgúns alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato, tentamos dar vida a un dos seus poemas ("Ferrol, 1916") no seguinte vídeo. E para que todo quede pola zona ás palabras de Carvalho Calero poñémoslles a música de Pepito Arriola. José Rodríguez Carballeira, coñecido como Pepito Arriola, foi un neno prodixio, precoz intérprete e compositor que naceu en Betanzos o 14 de decembro de 1895. Os primeiros anos da súa vida pasounos en Ferrol e a principios de 1899 a súa nai levou a Pepito a Madrid, onde comezou unha fulgurante carreira como pianista, violinista e compositor. A peza que acompaña o vídeo, titulada "Habanera" foi composta en 1898 cando tan só tiña 3 anos.
Este ano tiñamos en proxecto representar dúas pequenas obras de Carvalho Calero: o grupo de Artes Escénicas de 4º ESO estaba a ensaiar "Ou auto  do  prisioneiro" e unha parte do grupo de Obradoiro de Teatro estaba a ensaiar "A  arbre". Como non foron posibles estas representacións lembramos "A farsa das  zocas" posta en escena hai 3 anos polo grupo de Obradoiro de Teatro de 1º de Bacharelato


xoves, 30 de maio de 2019

                                  DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019


Celebramos o Día das Letras Galegas ca II Edición do Concurso "Tes Talento". Neste vídeo podedes ver as actuacións do alumnado
Ademais recollemos a participación no "Mar de Muiñeiras", actividade do CFR Ferrol que ten como obxectivo reivindicar a danza galega na escola, ao tempo que tamén busca homenaxear as Letras Galegas deste ano, adicadas ao mestre da etnografía galega Antón Fraguas.

venres, 18 de maio de 2018

CONCURSO "TES TALENTO"



Neste vídeo podemos ver as actuacións que foron sometidas a votación do público.
O alumnado amosou os seus talentos no festival que se organizou para conmemorar o 
Día das Letras Galegas

domingo, 4 de xuño de 2017

A aula de tócame-roque


E seguimos a celebrar o Día das Letras Galegas


esta vez cunha versión libre da comedia tráxica nun acto

de Francisco García Purriños feita polos

alumnos de Artes Escénicas (4º ESO)

Esperamos que vos guste!!!


mércores, 10 de maio de 2017

Actividades Letras Galegas 2017

Achegándonos a Casares

Sociedade

Cine

Lingua e Cultura

Música

Título dun libro

Artes Plásticas

Artes Plásticas II

Obra Literaria

Sopa de letras

Epitafio

Biografía

Títulos

Encrucillado

Títulos de libros

LETRAS GALEGAS 2017