mércores, 29 de marzo de 2017

luns, 27 de marzo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

No Día Internacional do Teatro lembramos que o mércores 22 de marzo asistimos ás Xornadas de Teatro Grecolatino e disfrutamos da representación de Medea  de Eurípides.



Fotografías da representación tomadas da páxina do IES Elviña









venres, 24 de marzo de 2017

22 de MARZO, Día Mundial da Auga



No día mundial da auga queremos lembrar que na actualidade máis de 663 millóns de persoas viven sen subministración de auga potable preto de casa, o que lles obriga a pasar horas facendo cola ou trasladándose a fontes afastadas, así como a facer fronte a problemas de saúde debido ao consumo de auga contaminada.

Necesitamos aumentar a recolección e tratamento das augas residuais e reciclalas dunha forma segura. Ao mesmo tempo, necesitamos reducir a cantidade de auga que contaminamos e malgastamos para axudar a protexer o medio ambiente e os recursos hídricos


Aquí deixámosvos unha breve reflexión sobre o consumo de auga baseada no vídeo ao que Penélope Cruz puxo voz, neste caso na voz de Sara Vázquez



xoves, 9 de marzo de 2017

Retratos de muller


No Día Internacional da Muller, unha pequena escolma de retratos literarios na voz do alumnado de 4º de ESO de Artes Escénicas e Latín.




Exposición dos textos



Podédelos ler aquí: