mércores, 29 de abril de 2020

2º ESO CORRECCIÓN DE EXERCICIOS

 2º ESO  
CORRECCIÓN DE EXERCICIOS
PRIMEIRO PDF: A FORMA MUSICAL

Bo día a todos, hoxe déixovos a corrección dos primeiros exercicios. Ollade o vídeo e a explicación de cada un deles  (e correxide o que teñades mal). Se vos quedan dúbidas mandádeme un correo.


DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

29 DE ABRIL
DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

O Consello Internacional da Danza da UNESCO propuxo a celebración do Día Internacional da Danza  cada 29 de abril, día que coincide co aniversario do nacemento do bailarín francés Jean-Georges Noverre, que é considerado como o mestre e creador do ballet moderno.

Para celebralo déixovos un vídeo do Ballet Nacional de España cunha coreografía sobre unha versión moi especial do Bolero de Ravel interpretada por Carlos Núñez




     TRABAJO DE INVESTIGACIÓN. PREGUNTAS ENCADENADAS


DESCARGAR


luns, 27 de abril de 2020

MÚSICA GATUNA

MIAU, MIAU, MIAU

Si, xa sei que soa un pouco raro pero hoxe podedes escoitar un dueto para dous gatos.

Conta a lenda que a Gioachino Rossini ( compositor italiano do século XIX coñecido especialmentes polas súas óperas, particularmente as bufas) molestáballe que as sopranos modificasen as partituras das súas óperas para o seu propio lucimento, así que decidiu compoñer esta peza, na que fai cantar a dous gatos na tesitura de soprano, a modo de vinganza.
En realidade non foi escrita por el, o seu autor é probablemente o compositor británico Robert Lucas de Pearsall (1795-1856), que utilizaou o nome de G. Berthold como pseudónimo
Hai moitas versións deste dueto, para a ocasión escollemos as voces brancas do Coro de nenos, Les Petits Chanteurs á Croix de Bois, máis coñecido como Os Pequenos Cantores De París.





2ª ENTREGA DE TAREFAS

2ª ENTREGA DE TAREFAS

Música/Valores 2ºESO B/ Artes Escénicas/ Obradoiro de Teatro

Bo día a todos, encaramos una nova entrega de tarefas  (aínda que algún de vos ides adiantados e xa mandastes o que vou pedir)

ENTREGA DO 27 DE ABRIL AO 5 DE MAIO

2º ESO MÚSICA
Os exercicios do pdf de REPASO DA LINGUAXE MUSICAL  https://lecturamos.blogspot.com/2020/03/2-eso-musica_27.html

O TEST de LINGUAXE MUSICAL
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5270267-linguaxe_musical.html

A audición de Beethoven
Como sabedes este é o ano Beethoven polo que imos traballar unha AUDICIÓN deste compositor. Incluíde na análise os apartados de sempre (timbre, tempo, textura, dinámica, armonía, carácter), e engadide a contextualización da obra (período ao que pertence, breve mención ao autor, importancia da obra, anécdotas...) e algunha referencia á interpretación (orquestra, solista, director..)


3º ESO MÚSICA
O comentario das AUDICIÓNS do Barroco
O TEST de AUDICIÓNS DO BARROCO
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5260114-audicions_do_barroco.html 


1º BACH LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL
Tedes que ver o vídeo sobre o Himno da alegría e contestar ás preguntas do PDF. Ademáis tedes que facer una infografía sobre o himno (incluíndo fotografías e información esencial)
A VARIACIÓN do himno da alegría (SCORE CREATOR ou MUSESCORE)
https://lecturamos.blogspot.com/2020/03/1-bach-linguaxe-e-practica-musical.html 


2º ESO B VALORES ÉTICOS
As preguntas do pdf 
https://lecturamos.blogspot.com/2020/03/2-eso-b-valores.html


4º ARTES ESCÉNICAS E DANZA
O monólogo Elabora e grava un mónologo (de creación propia) sobre calquer tema de actualidade. Duración 3-4 minutos. )

1º BACH OBRADOIRO DE TEATRO
As preguntas do pdf sobre "A piragua" e "A arbre"
https://lecturamos.blogspot.com/2020/03/obradoiro-de-teatro.html



mércores, 22 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO 2020


Hoxe non estamos celebrando o Día do Libro na nosa biblioteca, nin nas nosas aulas, nin nas nosas librarías , pero hoxe celebramos esta data dun xeito moi especial porque, malia o que estamos vivindo, atopamos un motivo ilusionante para achegarnos e reunirnos ao redor do libro e da lectura.

Se a lectura é, a meirande parte das veces, un acto solitario e individual, o seu poder e o poder do libro puido facer posible esta colectiva e marabillosa resposta a unha convocatoria á que acudiron representantes de todos os sectores da comunidad educativa. E con todas as súas achegas é posible visualizar neste vídeo as moitas posibilidades que o libro nos ofrece.

Damos as grazas a todos os que participaron na súa creación e, en especial, aos alumnos e alumnas que xa non están neste curso no instituto, porque a súa colaboración deixa claro o vínculo creado: sabemos que podemos contar con eles, saben que poden contar con nós.

Neste mundo actualmente ameazado por un virus, hai moitísima xente que leva dentro outro virus, o da lectura, para o cal non hai que atopar vacina ningunha.

E desde aquí volvemos repetir #AbrimosUnLibroEQuedamosNaCasa
📗📘📙📚📖🏡🏨





domingo, 19 de abril de 2020

MÁIS MÚSICA

SÓ PARA ESCOITAR

Baixo a premisa "o Barroco mola",  que dicía Jaime Altozano,  hoxe déixovos para escoitar unha xoia dunha enorme beleza e delicadeza. Trátase dun aria da capo (tres sección ABA´) na voz dun dos mellores contratenores actuais, Philippe Jarousky. Espero que vos guste.

Vedrò con mio diletto / L'alma dell'alma mia / Il core del mio cor / Pien di contento
E se dal caro oggetto / Lungi convien che sia / Sospirerò penando ogni momento
Verei con deleite  / A alma da miña alma  / O corazón do meu corazón / Cheo de alegria

E si do obxecto querido / Lonxe convén que estea /
Suspirarei atormentado a cada momento

"Vedró con mio diletto"
 Vivaldi

domingo, 12 de abril de 2020

ENTREGA DE TAREFAS

ENTREGA DE TAREFAS
Música/Valores 2ºB/Artes Escénicas/Obradoiro de teatro
Bo día a todos, xa vai facer un mes desde que vos mandei algunhas tarefas, polo que xa é hora de que me mandedes o voso traballo. Vóuvolo a pedir  escalonadamente (non vai ir todo xunto) e cada grupo de tarefas terédelas que entregar nas datas sinaladas (ademáis vou ir subindo algunhas solucións e respostas polo que non me enviedes o que xa poida estar corrixido). Tivestes suficiente tempo para ir facendo os traballos con calma así que agora toca ver o que fixestes. Algúns xa  mandástedes os vosos traballos e fixestes os tests polo que estaredes máis descansados. En relación cos tests insisto: os que non vos  rexistredes facede unha captura de pantalla do resultado e mandarma porque senón non hai constancia de que os fixestes ENTREGA DO 15 AO 22 DE ABRIL 2º ESO MÚSICA Os exercicios do primeiro pdf Os traballos de Musescore (lembrade que hai un exercicio de Musescore no pdf) O test de FORMA MUSICAL 3º ESO MÚSICA As preguntas do primeiro pdf (barroco) O test do BARROCO 1º BACH LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL As preguntas sobre sistemas de afinación e o fenómeno físico-armónico As audicións de Beethoven 2º ESO B VALORES ÉTICOS O traballo sobre democracia, estado de dereito e constitución 4º ESO ARTES ESCÉNICAS E DANZA O traballo de buscar información (breve) e ordenar cronolóxicamente os personaxes e términos do mundo da danza A preparación dun traballo máis extenso sobre dous deles 1º BACH OBRADOIRO DE TEATRO O traballo sobre o método Stanislavsky

sábado, 11 de abril de 2020



                            INVESTIGACIÓN 2º ESO

CÓMO CITAR LA BIBLIOGRAFÍA

Aquí tenéis una explicación de cómo citar la bibliografía que utilicéis en un trabajo de investigación.

Podéis practicar en casa con libros y revistas.

El lunes 27 de abril recibiréis nuevas instrucciones.




venres, 10 de abril de 2020

UN POUCO DE MÚSICA

PAIXÓN SEGUNDO SAN MATEO
J.S.BACH

Bos días, hoxe convídovos a escoitar parte dunha das obras musicais máis importantes de todos os tempos. Sabedes que é unha Paixón? (os alumnos de 3º si), Pois ben, unha Paixón é unha obra que narra a paixón e morte de Cristo segundo relatan os evanxeos (moi adecuado nesta data). E para iso emprega solistas, coro e orquestra. Eran concibidas como unha especie de “óperas sacras”, compostas por  recitativos, arias e coros. Evidentemente, non son óperas, xa que carecen de representación e escenificación; pero o argumento e a tensión dramática achégaas ao xénero teatral.  O texto bíblico atópase  musicalizado de forma relativamente sinxela en  recitativos, mentres que as arias, longas e  contemplativas, presentan novos textos poéticos que comentan os diversos eventos da narración bíblica,
A obra máis importante deste xénero é "A Paixón segundo San Mateo" de 
Bach, e aquí déixovos dous fragmentos dunha enorme beleza, espero que os disfrutedes.
primeiro  é o coro inicial


E o segundo é un aria 



sábado, 4 de abril de 2020

3º ESO MÚSICA

3º ESO

CLASE
BARROCO

Bo día, xa sei que estades de vacacións, pero non vos vou falar de nada novo. Déixovos unha "clase" na que vos explico o período barroco (que é o que vides traballando) por si tedes algunha dúbida e que podedes consultar cando queirades. O vídeo quedou un pouco longo pero espero que aguantedes ata o final porque repasamos todo o período. Logo será máis fácil facer o test.



Aquí vos deixo o pdf da exposición a modo de resumen


     
  Por certo aquí tedes una "biografía" de J.S.Bach en menos dous minutos

xoves, 2 de abril de 2020

2º ESO MÚSICA

2º ESO

CLASE 
FORMA MUSICAL

Bo día, aquí vos deixo a vídeo-clase sobre o material que xa tedes algo traballado. Explicaréivos a forma musical cunha ferramenta que, creo, permíteme chegar a vos dun xeito máis directo, e que podedes consultar sempre que queirades.
Os que aínda non fixestes o test sobre a forma facédelo logo desta explicación (e recordo o de rexistrarvos en educaplay). O son non é moi bo, pero temos que botar man do que se pode. Se vos queda algunha dúbida tedes o correo ao que estivestes mandando traballos durante o curso para preguntar.