luns, 25 de novembro de 2019

25 de novembro

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Para conmemorar este día a Biblioteca e o EDL convocan un concurso de rap. Dado que este día coincide coa realización de exames a celebración deste concurso adíase ata o día 5 de decembro.
Previamente os rapaces asistiron a un obradoiro de rap.  O rapeiro Didaco (Diego Calatayud) impartiu o día 7 deste mes un obradoiro de música e cultura rap para o alumnado da ESO. Ao longo da charla rompeu varios "mitos" arredor deste estilo musical e exemplificouno coas súas intervencións e mais a participación do alumnado. O lema da actividadade foi a educación en valores.
Diego Calatayud é licenciado en Filoloxía con máis de dez anos de experiencia no mundo do rap e  tamén na ensinanza académica.


xoves, 21 de novembro de 2019

                     SAMAÍN 2019

Xa que este ano o tema do proxecto de centro é as VIAXES emprendemos unha viaxe terrorífica para darlle contido ao mes de novembro.

O alumnado de 2º ESO (Investigación), 4ºESO (Latín) 1º Bacharelato (Grego)realizou unha viaxe na procura das portas do inferno e este foi o resultado.
A localización destes lugares nun mapa e un traballo de investigación sobre cada unha delas
MAPA DAS PORTAS DO INFERNO

CABAZA PRESENTADA POLA BIBLIOTECA PARA O CONCURSO
Aproveitando o concurso de cabazas a Biblioteca presentou a cabaza da apocolocyntosis de Claudio (conversión en cabaza do emperador Claudio) que sirveu de excusa para recomendar a lectura de "Yo, Claudio" e "Claudio el dios y su esposa Mesalina"


"AS PORTAS DO INFERNO"

Obra de teatro escrita e representada polo alumnado de 4º da ESO (coa colaboración de dos alumnos de Obradoiro de Teatro de 1º de Bacharelato)