Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

mércores, 7 de xaneiro de 2026

TES TALENTO

 


Miúdo talento hai neste centro! Así vivimos (da man de Aarón, Ana, David, Daniela, Eneko, Diana,
Unai e Ainhoa) o noso festival e concurso deste ano. Houbo moitos nervios, moitas risas e, sobre todo, temazos que nos fixeron vibrar a todos e todas. Non te perdas as actuacións máis épicas deste Nadal. Acompañádenos a revivir as actuacións e a descubrir quen levou os premios a:

- Mellor actuación musical (o listón estivo máis alto que nunca)

- Mellor xersei feo - Ugly Sweater (a competición máis divertida e colorida)

- Mellor porta decorada (creatividade en estado puro para recibir o nadal)


domingo, 1 de xaneiro de 2023

Nadal

 Festival de Nadal 

Da man de Nerea, Hugo, Laura, Enar, Nagore e Martín viaxamos de forma virtual polas etapas do camiño francés mentres gozabamos de distintas actuacións de alumnos e profesores. Presentadores, cantantes, bailaríns, lectores e espectadores disfrutamos dun espectáculo completo e variado que nos entretivo preto de dúas horas.




martes, 22 de decembro de 2020

                                                          CALENDARIO 2021

A piques de rematar un ano que todos queremos esquecer, desexamos un 2021 de cine e doce meses de película.

O alumnado de Teatro de 2º de Bacharelato remata este trimestre coa elaboración dun calendario no que recrea escenas icónicas do Sétimo Arte que ilustran frases coñecidas por todos nós.



venres, 20 de decembro de 2019

VIAXES: OS REIS MAGOS E A VIAXE DE INVERNO

A VIAXE DOS REIS MAGOS

Os alumnos de Investigación (2º ESO), Latín (4º ESO) e Grego (1º Bach) fixeron un traballo no que recolleron información sobre a viaxe dos reis magos (non só a que fixeron de vivos, senon tamén a que fixeron os seus restos despois de mortos). E xa que este ano estamos de viaxe tamén repasamos unha das rutas máis importantes que existiron: a ruta do incenso






A VIAXE DOS REIS MAGOS

VIAXE DE INVERNO

Aínda que non temos unha radio escolar no centro este grupo de alumnos de 2º ESO e 1º Bach prepararon unha sesión radiofónica na que repasaron os seus traballos sobre viaxes: alumnos de 2º ESO (Investigación) e 1º Bach (Grego) falaron sobre a viaxe dos reis magos e a ruta do incenso, e alumnos de 1º Bach (Música) descubríronnos a "Viaxe de inverno" de F. Schubert
Alumnado participante: 
Arai Roibal, Daniel Cartelle, Elia Durán, Lucia Mei Gallego, Yuxin Zheng, Sofía Cao  (1º Bach), Lorena Pereira, Lola Vigo, Gabriel Vila (2º ESO)


NADAL 2019


PERSONAXES DE NADAL

Neste tempo de Nadal adornamos o centro coas casiñas dalgúns personaxes típicos destas datas: os Reis Magos, Papa Noel, Elsa (de Frozen), o Apalpador, o boneco de neve e a galleta de xenxibre.

❇❇❇BO NADAL❇❇❇




mércores, 19 de decembro de 2018

                                                NADAL 2018

No noso particular Nacemento os pastorciños son algúns personaxes de contos do Nadal e algunhas superheroínas

Tamén están representadas algunhas das constelacións que nesa noite podíanse ver no ceo de Belén
 O alumnado de 4º de Latín buscou información sobre os personaxes mitolóxicos que dan nome a esas constelacións
Neste Belén temos información sobre algúns elementos da iconografía do Nadal


Tamén recordamos algunhas das principais obras musicais que se inspiran nestas datas
A nosa árbore de Nadal, seguindo o proxecto dos Superheroes e Superheroínas, está decorado cos logotipos dalgúns dos principais protagonistas dos cómics da Marvel e DC

O alumnado de 2º ESO buscou información sobre os personaxes que aparecen no Belén  e elaborou estas tarxetas



venres, 14 de decembro de 2018

                               RECOMENDACIÓNS LECTURAS NADAL


xoves, 21 de decembro de 2017

Nadal 2017


ÁS ÁRBORES DAS LECTURAS


Reciclando cd´s

Desde a Biblioteca desexámosvos un bo Nadal e un ano cheo de boas lecturas
💖💖