martes, 22 de decembro de 2020

                                                          CALENDARIO 2021

A piques de rematar un ano que todos queremos esquecer, desexamos un 2021 de cine e doce meses de película.

O alumnado de Teatro de 2º de Bacharelato remata este trimestre coa elaboración dun calendario no que recrea escenas icónicas do Sétimo Arte que ilustran frases coñecidas por todos nós.



CENTENARIO DO NACEMENTO DE MIGUEL DELIBES

No ano no que se cumpren 100 anos do nacemento de Miguel Delibes queremos facer a nosa pequena homenaxe a este escritor, considerado un dos referentes da literatura en lingua castelá, coa lectura dalgúns breves fragmentos das súas obras.

Á calidade literaria de Delibes engádese a súa calidade humana. O autor mantívose sempre fiel aos seus principios e ás súas ideas: a defensa dos valores humanos, da autenticidade e da xustiza social.

A Delibes preocupábanlle as consecuencias negativas do progreso para a natureza e para o home. Pero o progreso que o escritor rexeita é aquel que sacrifica todo o humano en aras do consumo.

Nestes tempos nos que tanto se fala da España "vaciada", atopamos no escritor a reivindicación da cultura rural na que están as nosas raíces


venres, 18 de decembro de 2020

 CONTANDO HISTORIAS

Como remate do trimestre escollemos algúns traballos como mostra de todo o que se fixo


Nerea Abeal (2º ESO A)



Alumnado de Artes Escénicas (4º ESO)



Alumnado de Artes Escénicas (4º ESO)

                                                    CONCURSO VIOLENCIA DE XÉNERO
Aínda que un pouco tarde por fín temos ós gañadores do Concurso de Audiovisuais contra a Violencia de Xénero 2020. Son: Ana Rumbo (1º premio), Elia Durán (2º premio) e Miguel Rincón (3º premio)













Hai que salientar a participación e calidade dos vídeos presentados

venres, 27 de novembro de 2020

 25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Este ano o alumnado de Valores Éticos de 1º e 3º da ESO traballou sobre letras de moitas cancións localizando contidos violentos e descubrindo que non só o reguetón é exemplo de xénero musical no que se atopan ideas machistas, sexistas e de violencia contra a muller.






A Bioblioteca e Dinamización convocaron ademáis un concurso de audiovisuais entre todo o alumnado cuxo faio coñeceremos en breve




sábado, 14 de novembro de 2020


O alumnado de Investigación de 2º e ESO traballou tamén sobre o cine de terror localizando aquelas obras nas que están baseadas películas rodadas dende os inicios da cine ata finais da década dos anos 30.



venres, 6 de novembro de 2020

                                                       SAMAÍN 2020

Comezamos este Samaín convocando un concurso de máscaras entre o alumnado


E, aínda que non houbo moitos participantes, as máscaras presentadas tiveron moita calidade. As gañadoras foron Faia V. e Fátima P. de 1º da ESO.


O proxecto que traballaremos este ano é o cinema, polo que esperamos sexa un ano "De Cine".

Conectando co mes de Novembro que mellor que mergullarse no cine de terror 

O alumnado de AAEE de 4º ESO profundizou na primeira etapa do cine de terror e de ahí saíu este traballo


O alumnado de LPM de 1º Bach centrouse na melodía dos mortos, o "Dies Irae" e a súa utilización no cine.


luns, 29 de xuño de 2020

FIN DE CURSO

XOGANDO CON ARTE

Queremos rematar este curso inusual dun xeito especial, con moita arte e moito humor; volveremos con máis forza o curso seguinte.

martes, 2 de xuño de 2020




                              GUÍA DE LECTURA: UNHA VIAXE DE LIBRO
< />

4º ESO ARTES ESCÉNICAS

4º ESO
ARTES ESCÉNICAS

Aquí tedes o último traballo da materia dividido en dúas partes: un test sobre as tipoloxías de artes escénicas e unha presentación sobre algunhas delas. Tedes ata o 17 de maio

PRESENTACIÓN: recollede unha fotografía e unha breve explicación das seguintes manifestacións: pantomima, musical, teatro de títeres, teatro negro, auto sacramental e circo

TEST: identificación dalgunha das tipoloxías de artes escénicas que temos visto na aula


luns, 1 de xuño de 2020

3º ESO MÚSICA

3º ESO
MÚSICA

Aquí déixovos o último traballo para facer nesta materia. Tedes ata o 15 de xuño para entregarlo.




Para facer o seguinte exercicio tedes que escoitar antes a seguinte peza ("Miserere" de Allegri) e logo completar un texto.



O último test tamén é de audicións; neste caso só tedes que identificar a época de cada unha

venres, 29 de maio de 2020

2º ESO MÚSICA

2º ESO
MÚSICA

SÓ PARA QUEN TEÑA ALGUNHA AVALIACIÓN SUSPENSA
(ata o 15 de xuño)

2º ESO MÚSICA

2º ESO
MÚSICA

Aquí déixovos o último traballo para facer. Os que teñades algunha avaliación suspensa tedes ademáis que facer o último pdf (os que tedes as dúas avaliacións aprobadas non o tedes que facer) que subirei noutra entrada.
DATA DE ENTREGA: ATA O 15 DE XUÑO

PARA TODOS

AUDICIÓN
Facede un comentario completo da seguinte audición (redactado, non indicando os apartados)

Tedes que poñer dous instrumentos en clave de sol, copiar o baixo como está e engadir as notas que vexades onde hai silencios (podedes deixar algún silencio)



TEST

E rematamos cos test cun encrucillado sobre termos musicais

1º BACH MÚSICA

1º BACHARELATO
LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL

Aquí déixovos o último traballo desta materia. Tedes ata o 15 de xuño para entrégalo.

1ª parte:
AUDICIÓN. Facede un comentario completo da seguinte obra





2ª parte: 

TRABALLO DE EDICIÓN DE PARTITURAS (Musescore/Score Creator)
Completa a melodía (non quere dicir que teñades que cambiar todos os silencios por notas, pero sí encher unha melodía que ten demasiados ocos) tendo en conta que estamos en Re menor (lembrade os graos principais)


3ª parte:


TEST de recursos musicais. Tende en conta o significado dos seguintes termos: ostinato, nota pedal, melisma, contrapunto, homofonía, arpegio, baixo Alberti, secuencia melódica, acorde e melodía acompañada.


luns, 18 de maio de 2020

1º BACHARELATO

1º BACHARELATO
CORRECCIÓNS

Aquí déixovos as correccións das audicións e das preguntas sobre o fenómeno físico-armónico. Lembrade o traballo/presentación sobre o aparato fonador (hasta finais de mes)

TRABALLO ARTES ESCÉNICAS

4º ESO
ARTES ESCÉNICAS E DANZA

Hoxe imos facer un pequeno repaso dalgunhas cousas que temos visto no curso. Tedes para entregalo hasta o 29 de maio

TRABALLO VALORES

2º ESO
VALORES ÉTICOS

Bo día, hoxe déixovos unha nova tarefa para facer. Tedes que facer unha presentación sobre o filósofo que máis temos nomeado no curso. Lembrades a Aristóteles? Pois o traballo consiste en facer unha presentación sobre tres puntos concretos: 
O home como ser social
A virtude como termo medio
O eudemonismo

Tedes hasta o 5 de xuño para facer o traballo

2º ESO MÚSICA

2º ESO MÚSICA
NOVA TAREFA

Bo día a todos, hoxe déixovos unha clase para repasar e ampliar un pouco algo que xa temos traballado. Recordades as alteracións? pois imos darlle unha volta máis a estes signos musicais. Logo de ver a clase, tedes que facer un par de test (e como sempre mandarme os resultados). Tedes hasta o 25 deste mes para facelos.

Aproveito para recordarvos que tedes que entregar o traballo de Audacity (xa sei que algúns xa o tedes feito). Tedes hasta finais de semana (22 maio)



Agora a facer os test

sábado, 16 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

17 DE MAIO
DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas adicado, este ano tan especial, a Ricardo Carballo Calero.

Ricardo Carvalho Calero (1910-1990) foi unha figura polémica ao longo dos anos. Por unha banda, por tratarse dun home trascendental na evolución da creación, a expresión literaria e a loita polo idioma, que logrou levar ao máis alto a historia da literatura galega. Por outra banda , polas reiteradas candidaturas na sede da Academia para ser homenaxeado o 17 de maio, que foron rexeitadas ao longo dos anos. 
O autor naceu e criouse  no barrio de Ferrol Vello, ata que se trasladou a Santiago de Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras. Foi alí onde se adentrou tanto no galeguismo coma nos movementos culturais da época, como o Seminario de Estudos Galegos, e que o levou a exercer unha activa militancia nacionalista.
Carvalho Calero colaborou con numerosas publicacións, como A Nosa Terra, ademais de impulsar as súas primeras obras cultivando o xénero poético, primero en castelán e despois en lingua galega. Tras o golpe militar, o autor entrou  en combate como miliciano do bando constitucional e republicano, e posteriormente foi represaliado, condenado por separatista e recluído en Xaén. A pesar diso, a partir de 1941 puido saír do cárcere,  entregouse á ensinanza privada en Lugo e reencontrouse cos galeguistas que permaneceron en Galicia.
Era un home cunha gran capacidade de servizo á sociedade, que o levou a impulsar a creación dunha Gramática galega, fundamental para a textualización da cultura. Hai que destacar tamén, o seu carácter pioneiro nos estudos rosalianos, xa que  contribuiu a fundamentar a crenza do valor de Rosalía como unha figura clave nas nosas letras.
Cabe destacar a súa valiosa obra literaria, tanto como poeta como narrador, e valorar o seu papel na historia galega, levando unha vida moi coherente e de  entrega ao  país, e consagrándose como un intelectual honrado e honesto, que se converteu no principal inspirador do Reintegracionismo.


 

Para unirnos a esta celebración o equipo de Dinamización Lingüística e o equipo da Biblioteca do centro, contando coa colaboración dalgúns alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato, tentamos dar vida a un dos seus poemas ("Ferrol, 1916") no seguinte vídeo. E para que todo quede pola zona ás palabras de Carvalho Calero poñémoslles a música de Pepito Arriola. José Rodríguez Carballeira, coñecido como Pepito Arriola, foi un neno prodixio, precoz intérprete e compositor que naceu en Betanzos o 14 de decembro de 1895. Os primeiros anos da súa vida pasounos en Ferrol e a principios de 1899 a súa nai levou a Pepito a Madrid, onde comezou unha fulgurante carreira como pianista, violinista e compositor. A peza que acompaña o vídeo, titulada "Habanera" foi composta en 1898 cando tan só tiña 3 anos.
Este ano tiñamos en proxecto representar dúas pequenas obras de Carvalho Calero: o grupo de Artes Escénicas de 4º ESO estaba a ensaiar "Ou auto  do  prisioneiro" e unha parte do grupo de Obradoiro de Teatro estaba a ensaiar "A  arbre". Como non foron posibles estas representacións lembramos "A farsa das  zocas" posta en escena hai 3 anos polo grupo de Obradoiro de Teatro de 1º de Bacharelato


xoves, 14 de maio de 2020

3º ESO MÚSICA

3º ESO MÚSICA
NOVA TAREFA

Bo día a todos, hoxe déixovos un par de test para repasar o que levamos dado no curso. Tedes ata o 25 de maio para facelos.

Lembrade entregar a tarefa do Test sobre o Canon de Pachelbel e a presentación sobre Beethoven (aínda que moitos de vos xa o fixestes) antes do 20 de maio
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5264240-canon_de_pachelbel.html 

2º ESO MÚSICA

2º ESO 
MÚSICA
CORRECCIÓN DE EXERCICIOS DE REPASO

Aquí déixovos a corrección do segundo pdf, os que teñades algo mal correxídeo, e si tedes algunha dúbida mandádeme un correo.

Lembrade entregar o traballo de Audacity antes do 20 de maio


luns, 11 de maio de 2020


                                        TRABALLO DE INVESTIGACIÓN



O outro non se podía compartir. Perdón

TRABALLO 1º BACH

1º BACHARELATO
MÚSICA

Hoxe déixovos unha clase de repaso sobre análisis para que podades facer a seguinte tarefa



E aquí tedes o exercicio: ámbito, interválica, contorno melódico, comezo e final, tonalidade, textura, cadencia final


                            Entrega da tarefa ata o 25 de maio

sábado, 9 de maio de 2020

9 DE MAIO
DÍA DE EUROPA

No día de Europa do 2020, ano adicado a Beethoven, recordamos o himno da unión a partir dos traballos de Elia Durán e Xoana Pérez

luns, 4 de maio de 2020

3º ESO CORRECCIÓN EXERCICIOS

3º  ESO
CORRECCIÓN EXERCICIOS DO BARROCO

Aquí tedes a corrección das preguntas sobre o Barroco (o primeiro pdf). Botádelle unha ollada e correxide o que teñades mal (atención ao exercicio 11, que algúns deixástedelo en branco)


mércores, 29 de abril de 2020

2º ESO CORRECCIÓN DE EXERCICIOS

 2º ESO  
CORRECCIÓN DE EXERCICIOS
PRIMEIRO PDF: A FORMA MUSICAL

Bo día a todos, hoxe déixovos a corrección dos primeiros exercicios. Ollade o vídeo e a explicación de cada un deles  (e correxide o que teñades mal). Se vos quedan dúbidas mandádeme un correo.


DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

29 DE ABRIL
DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

O Consello Internacional da Danza da UNESCO propuxo a celebración do Día Internacional da Danza  cada 29 de abril, día que coincide co aniversario do nacemento do bailarín francés Jean-Georges Noverre, que é considerado como o mestre e creador do ballet moderno.

Para celebralo déixovos un vídeo do Ballet Nacional de España cunha coreografía sobre unha versión moi especial do Bolero de Ravel interpretada por Carlos Núñez




     TRABAJO DE INVESTIGACIÓN. PREGUNTAS ENCADENADAS


DESCARGAR


luns, 27 de abril de 2020

MÚSICA GATUNA

MIAU, MIAU, MIAU

Si, xa sei que soa un pouco raro pero hoxe podedes escoitar un dueto para dous gatos.

Conta a lenda que a Gioachino Rossini ( compositor italiano do século XIX coñecido especialmentes polas súas óperas, particularmente as bufas) molestáballe que as sopranos modificasen as partituras das súas óperas para o seu propio lucimento, así que decidiu compoñer esta peza, na que fai cantar a dous gatos na tesitura de soprano, a modo de vinganza.
En realidade non foi escrita por el, o seu autor é probablemente o compositor británico Robert Lucas de Pearsall (1795-1856), que utilizaou o nome de G. Berthold como pseudónimo
Hai moitas versións deste dueto, para a ocasión escollemos as voces brancas do Coro de nenos, Les Petits Chanteurs á Croix de Bois, máis coñecido como Os Pequenos Cantores De París.





2ª ENTREGA DE TAREFAS

2ª ENTREGA DE TAREFAS

Música/Valores 2ºESO B/ Artes Escénicas/ Obradoiro de Teatro

Bo día a todos, encaramos una nova entrega de tarefas  (aínda que algún de vos ides adiantados e xa mandastes o que vou pedir)

ENTREGA DO 27 DE ABRIL AO 5 DE MAIO

2º ESO MÚSICA
Os exercicios do pdf de REPASO DA LINGUAXE MUSICAL  https://lecturamos.blogspot.com/2020/03/2-eso-musica_27.html

O TEST de LINGUAXE MUSICAL
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5270267-linguaxe_musical.html

A audición de Beethoven
Como sabedes este é o ano Beethoven polo que imos traballar unha AUDICIÓN deste compositor. Incluíde na análise os apartados de sempre (timbre, tempo, textura, dinámica, armonía, carácter), e engadide a contextualización da obra (período ao que pertence, breve mención ao autor, importancia da obra, anécdotas...) e algunha referencia á interpretación (orquestra, solista, director..)


3º ESO MÚSICA
O comentario das AUDICIÓNS do Barroco
O TEST de AUDICIÓNS DO BARROCO
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5260114-audicions_do_barroco.html 


1º BACH LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL
Tedes que ver o vídeo sobre o Himno da alegría e contestar ás preguntas do PDF. Ademáis tedes que facer una infografía sobre o himno (incluíndo fotografías e información esencial)
A VARIACIÓN do himno da alegría (SCORE CREATOR ou MUSESCORE)
https://lecturamos.blogspot.com/2020/03/1-bach-linguaxe-e-practica-musical.html 


2º ESO B VALORES ÉTICOS
As preguntas do pdf 
https://lecturamos.blogspot.com/2020/03/2-eso-b-valores.html


4º ARTES ESCÉNICAS E DANZA
O monólogo Elabora e grava un mónologo (de creación propia) sobre calquer tema de actualidade. Duración 3-4 minutos. )

1º BACH OBRADOIRO DE TEATRO
As preguntas do pdf sobre "A piragua" e "A arbre"
https://lecturamos.blogspot.com/2020/03/obradoiro-de-teatro.html



mércores, 22 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO 2020


Hoxe non estamos celebrando o Día do Libro na nosa biblioteca, nin nas nosas aulas, nin nas nosas librarías , pero hoxe celebramos esta data dun xeito moi especial porque, malia o que estamos vivindo, atopamos un motivo ilusionante para achegarnos e reunirnos ao redor do libro e da lectura.

Se a lectura é, a meirande parte das veces, un acto solitario e individual, o seu poder e o poder do libro puido facer posible esta colectiva e marabillosa resposta a unha convocatoria á que acudiron representantes de todos os sectores da comunidad educativa. E con todas as súas achegas é posible visualizar neste vídeo as moitas posibilidades que o libro nos ofrece.

Damos as grazas a todos os que participaron na súa creación e, en especial, aos alumnos e alumnas que xa non están neste curso no instituto, porque a súa colaboración deixa claro o vínculo creado: sabemos que podemos contar con eles, saben que poden contar con nós.

Neste mundo actualmente ameazado por un virus, hai moitísima xente que leva dentro outro virus, o da lectura, para o cal non hai que atopar vacina ningunha.

E desde aquí volvemos repetir #AbrimosUnLibroEQuedamosNaCasa
📗📘📙📚📖🏡🏨





domingo, 19 de abril de 2020

MÁIS MÚSICA

SÓ PARA ESCOITAR

Baixo a premisa "o Barroco mola",  que dicía Jaime Altozano,  hoxe déixovos para escoitar unha xoia dunha enorme beleza e delicadeza. Trátase dun aria da capo (tres sección ABA´) na voz dun dos mellores contratenores actuais, Philippe Jarousky. Espero que vos guste.

Vedrò con mio diletto / L'alma dell'alma mia / Il core del mio cor / Pien di contento
E se dal caro oggetto / Lungi convien che sia / Sospirerò penando ogni momento
Verei con deleite  / A alma da miña alma  / O corazón do meu corazón / Cheo de alegria

E si do obxecto querido / Lonxe convén que estea /
Suspirarei atormentado a cada momento

"Vedró con mio diletto"
 Vivaldi