martes, 22 de decembro de 2020

CENTENARIO DO NACEMENTO DE MIGUEL DELIBES

No ano no que se cumpren 100 anos do nacemento de Miguel Delibes queremos facer a nosa pequena homenaxe a este escritor, considerado un dos referentes da literatura en lingua castelá, coa lectura dalgúns breves fragmentos das súas obras.

Á calidade literaria de Delibes engádese a súa calidade humana. O autor mantívose sempre fiel aos seus principios e ás súas ideas: a defensa dos valores humanos, da autenticidade e da xustiza social.

A Delibes preocupábanlle as consecuencias negativas do progreso para a natureza e para o home. Pero o progreso que o escritor rexeita é aquel que sacrifica todo o humano en aras do consumo.

Nestes tempos nos que tanto se fala da España "vaciada", atopamos no escritor a reivindicación da cultura rural na que están as nosas raíces


Ningún comentario:

Publicar un comentario