Benvidos a Samaín.
Este ano, no noso centro embarcámonos nunha volta ao mundo moi particular onde os misterios non entenden de fronteiras. Viaxamos no tempo a través do podcast feito polas alumnas de Latín de 1º de Bacharelato sobre os defuntos na antiga Roma
Espertamos as criaturas máis arrepiantes de todos os continentes nunha terrorífica exposición (incluíndo a cara máis monstuosa dalgúns profes...) e descubrimos macabros talentos no Concurso de Decoración.
Grazas por viaxar connosco