mércores, 21 de xuño de 2023

RITUAIS DE PEREGRINOS

 Traballo de edición de son e vídeo feito polo alumnado de Investigación e tratamento da información de 2º ESO B co que repasamos algúns dos rituais que os peregrinos facían, e fan, no seu camiño de Compostela.


DUM PATER FAMILIAS

 O alumnado de 3º ESO B de Procxecto Competencial fixo a súa propia versión do Himno dos peregrinos recollido no Códice Calixtino, coa colaboración de Antía Martínez de 3º ESO A e Olga Recio.


O XOGO DA OCA

 O xogo da oca e o Camiño de Santiago teñen unha vinculación moi especial. O xogo da oca é unha guía encriptada do Camiño de Santiago de ida e volta. Atribúese a súa invención á Orde do Temple, que protexía aos peregrinos que se dirixían a Santiago. É un mapa cifrado do Camiño, un mapa encriptado baseado nos marcadores ou carteis anunciadores que marcaban os lugares de especial significación e onde os mestres constutores deixaban marcas secretas nas catedrais, castelos, monumentos, pontes, cemiterios... Era como un xeroglífico onde os símbolos eran coñecidos por toda a Orde, e que permitía un entendemento a todos os cabaleiros, independentemente do idioma de cada un, Era polo tanto, unha guía do Camiño.

O alumnado de 1º Bach de Atención Educativa fixo a súa propia versión do xogo, neste caso só de ida, na que repasou distintos aspectos relacionados con este roteiro internacional. Todas as casillas levan unha explicación da imaxe representada, e así pasamos por distintas localidades que inclúen no seu nome o termo OCA, por puntos importantes do Camiño francés, lembramos lendas relacionadas co Apóstolo ou coa peregrinación, personaxes significativos, símbolos, documentos, xogos previos e obxectos que fan deste traballo a guía definitiva do Camiño de Santiago.





O home ovo

 O alumnado de Artes Escénicas e Danza (4º ESO) interpretou esta obra na que un xefe ten por fillo un ovo. Logo dun matrimonio concertado coa filla dunha xefa veciña o ovo comeza a comportarse dun xeito que non lle gusta nada á súa recente esposa...


O galego dá moito xogo

 

O 19 de maio celebramos o Día das Letras Galegas deportivamente- Participou o alumnado de 1º e 2º da ESO xunto co alumnado de 6º de primaria do CEIP Apóstolo Santiago de Franza e o CEIP Unión Mugardesa. Con todos os participantes identificados con cadansúa fita de cores e distribuidos en grupos iniciouse a actividade coa Carreira da Lingua. O obxectivo era pintar un cadro seguindo as pistas acadadas na carreira. Logo os equipos participaron en distintos xogos.