mércores, 21 de xuño de 2023

O XOGO DA OCA

 O xogo da oca e o Camiño de Santiago teñen unha vinculación moi especial. O xogo da oca é unha guía encriptada do Camiño de Santiago de ida e volta. Atribúese a súa invención á Orde do Temple, que protexía aos peregrinos que se dirixían a Santiago. É un mapa cifrado do Camiño, un mapa encriptado baseado nos marcadores ou carteis anunciadores que marcaban os lugares de especial significación e onde os mestres constutores deixaban marcas secretas nas catedrais, castelos, monumentos, pontes, cemiterios... Era como un xeroglífico onde os símbolos eran coñecidos por toda a Orde, e que permitía un entendemento a todos os cabaleiros, independentemente do idioma de cada un, Era polo tanto, unha guía do Camiño.

O alumnado de 1º Bach de Atención Educativa fixo a súa propia versión do xogo, neste caso só de ida, na que repasou distintos aspectos relacionados con este roteiro internacional. Todas as casillas levan unha explicación da imaxe representada, e así pasamos por distintas localidades que inclúen no seu nome o termo OCA, por puntos importantes do Camiño francés, lembramos lendas relacionadas co Apóstolo ou coa peregrinación, personaxes significativos, símbolos, documentos, xogos previos e obxectos que fan deste traballo a guía definitiva do Camiño de Santiago.





Ningún comentario:

Publicar un comentario