venres, 20 de decembro de 2019

VIAXES: OS REIS MAGOS E A VIAXE DE INVERNO

A VIAXE DOS REIS MAGOS

Os alumnos de Investigación (2º ESO), Latín (4º ESO) e Grego (1º Bach) fixeron un traballo no que recolleron información sobre a viaxe dos reis magos (non só a que fixeron de vivos, senon tamén a que fixeron os seus restos despois de mortos). E xa que este ano estamos de viaxe tamén repasamos unha das rutas máis importantes que existiron: a ruta do incenso






A VIAXE DOS REIS MAGOS

VIAXE DE INVERNO

Aínda que non temos unha radio escolar no centro este grupo de alumnos de 2º ESO e 1º Bach prepararon unha sesión radiofónica na que repasaron os seus traballos sobre viaxes: alumnos de 2º ESO (Investigación) e 1º Bach (Grego) falaron sobre a viaxe dos reis magos e a ruta do incenso, e alumnos de 1º Bach (Música) descubríronnos a "Viaxe de inverno" de F. Schubert
Alumnado participante: 
Arai Roibal, Daniel Cartelle, Elia Durán, Lucia Mei Gallego, Yuxin Zheng, Sofía Cao  (1º Bach), Lorena Pereira, Lola Vigo, Gabriel Vila (2º ESO)


NADAL 2019


PERSONAXES DE NADAL

Neste tempo de Nadal adornamos o centro coas casiñas dalgúns personaxes típicos destas datas: os Reis Magos, Papa Noel, Elsa (de Frozen), o Apalpador, o boneco de neve e a galleta de xenxibre.

❇❇❇BO NADAL❇❇❇




CONCURSO "DE VIAXE"

GAÑADORES DO CONCURSO



Os alumnos que acadaron un maior número de acertos no concurso foron: 
Xoana Pérez (1º Bach A), e Lucía Seijo e Iago Vázquez (1º Bach B)




Aínda que non só os alumnos máis maiores acadaron bos resultados. Queremos felicitar polo seu gran número de acertos a Clara Teijeiro López (2º ESO A) 

venres, 13 de decembro de 2019

CONCURSO "DE VIAXE"

A Biblioteca e o EDL convocan un novo concurso dirixido a todo o alumnado. 
Enlazando co tema xeral proposto para traballar no centro, as viaxes, e contando coa colaboración de boa parte do claustro do centro, propoñemos unha viaxe polas viaxes do profesorado. 




CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



O pasado xoves 5 DE DECEMBRO recuperamos no salón de actos as actividades do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, adiadas por mor do calendario de exames. O acto consistiu na realización de varias lecturas, proxección de vídeos e, sobre todo, a audición dos raps presentados ao concurso.

Entre os vídeos proxectados puidemos ver o realizado polo alumnado de Obradoiro de Teatro de 1º Bacharelato

https://www.youtube.com/watch?v=FbxRTY8fBxE




xoves, 12 de decembro de 2019

Concurso de RAP: Gañador e mención especial

                          CONCURSO DE RAP CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O gañador do concurso foi o alumno Xabier Sánchez de 3º ESO

O alumno Miguel Ángel Rincón, tamén de 3º ESO, acadou unha mención especial
 

luns, 25 de novembro de 2019

25 de novembro

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Para conmemorar este día a Biblioteca e o EDL convocan un concurso de rap. Dado que este día coincide coa realización de exames a celebración deste concurso adíase ata o día 5 de decembro.
Previamente os rapaces asistiron a un obradoiro de rap.  O rapeiro Didaco (Diego Calatayud) impartiu o día 7 deste mes un obradoiro de música e cultura rap para o alumnado da ESO. Ao longo da charla rompeu varios "mitos" arredor deste estilo musical e exemplificouno coas súas intervencións e mais a participación do alumnado. O lema da actividadade foi a educación en valores.
Diego Calatayud é licenciado en Filoloxía con máis de dez anos de experiencia no mundo do rap e  tamén na ensinanza académica.


xoves, 21 de novembro de 2019

                     SAMAÍN 2019

Xa que este ano o tema do proxecto de centro é as VIAXES emprendemos unha viaxe terrorífica para darlle contido ao mes de novembro.

O alumnado de 2º ESO (Investigación), 4ºESO (Latín) 1º Bacharelato (Grego)realizou unha viaxe na procura das portas do inferno e este foi o resultado.
A localización destes lugares nun mapa e un traballo de investigación sobre cada unha delas
MAPA DAS PORTAS DO INFERNO

CABAZA PRESENTADA POLA BIBLIOTECA PARA O CONCURSO
Aproveitando o concurso de cabazas a Biblioteca presentou a cabaza da apocolocyntosis de Claudio (conversión en cabaza do emperador Claudio) que sirveu de excusa para recomendar a lectura de "Yo, Claudio" e "Claudio el dios y su esposa Mesalina"


"AS PORTAS DO INFERNO"

Obra de teatro escrita e representada polo alumnado de 4º da ESO (coa colaboración de dos alumnos de Obradoiro de Teatro de 1º de Bacharelato)

martes, 25 de xuño de 2019

                                          LECTURAS DE VERÁN


                              TRABALLO INFANTIL 12 de XUÑO

Para conmemorar o Día mundial contra o traballo infantil o alumnado de Valores Éticos de 2º ESO elaborou os traballos que compoñen esta exposición



xoves, 20 de xuño de 2019

PREMIOS

No concurso "Tes Talento" a nosa gañadora foi Lola Vigo de 1º ESO

1º Premio





2º Premio
E no concurso de Fotografía as gañadoras foron: Ana Rumbo, Uxía García (1º premio), Helen Núñez, Carla Salido (2º premio) e Lucía Mei Gallego e Elia Durán (3º premio), todas de 4º ESO


3º Premio

venres, 14 de xuño de 2019

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "DÍA DO LIBRO"

Estas son as fotografías seleccionadas de entre as presentadas ao concurso




xoves, 30 de maio de 2019

                                  DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019


Celebramos o Día das Letras Galegas ca II Edición do Concurso "Tes Talento". Neste vídeo podedes ver as actuacións do alumnado
Ademais recollemos a participación no "Mar de Muiñeiras", actividade do CFR Ferrol que ten como obxectivo reivindicar a danza galega na escola, ao tempo que tamén busca homenaxear as Letras Galegas deste ano, adicadas ao mestre da etnografía galega Antón Fraguas.
                                                               MEDEA

O día 24 de Maio o alumnado de Obradoiro de Teatro de 2º de Bacharelato representou no Salón de Actos do centro a obra "Medea"de Eurípides



mércores, 24 de abril de 2019

Día do Libro

            23 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO



Como aos superheroes do cómic, a lectura dache superpoderes


Desde a Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística animamos aos rapaces a xogar coas portadas dos seus libros preferidos e convocamos un concurso para elexir a fotografía máis conseguida

Dúas celebracións en dous días consecutivos

SE A POESÍA É UNHA FOGUEIRA, QUEIMÉMONOS NELA


Lectura e recitado dunha escolma de poemas a cargo do alumnado de Artes Escénicas (4º ESO), Latín (4º ESO), Obradoiro de Teatro (1º Bach), Grego (1º Bach) para celebrar o Día do Libro



Día da Nai Terra

     
           22 de ABRIL     DÍA DA NAI TERRA   

Traballo de Paula Riobó

Para celebrar o día da Nai Terra expuxemos algúns dos traballos feitos polo alumnado de Valores Éticos de 2º ESO

xoves, 7 de marzo de 2019


                                     8 de MARZO


Así celebramos o Día Internacional da Muller

Exemplos de asociacións de mulleres loitadoras por unha causa
TRABALLOS DO ALUMNADO DE INVESTIGACIÓN DE 2º ESO



Evolución das superheroínas no cómic

Seguindo a liña do noso proxecto de centro facemos unha retrospectiva sobre a visión da muller no cómic desde os anos 40 ata hoxe.










 As nosas avoas como superheroínas

Xuntando muller e superpoderes recordamos ás avoas de Joseba Muruzabal




Exposición "Letras en feminino"







venres, 15 de febreiro de 2019



                                               14 DE FEBREIRO

                      NAMORADOS DA LECTURA



martes, 29 de xaneiro de 2019


                                              DÍA DA PAZ 2019

Este ano conmemoramos o día da paz lembrando moitos dos conflitos que siguen a existir no mundo. Para íso o alumnado de 2º e 4º da ESO construíu un muro onde se poden ver conflitos, guerras, inxustizas e muros levantados para separar pobos. 

IMAXINA UN MUNDO SEN MUROS.....