domingo, 24 de marzo de 2024

SEMANA CULTURAL

Vídeo co resumo das actividades realizadas na I Semana Cultural no IES de Mugardos. Grazas a todos os/as participantes

venres, 15 de marzo de 2024

SEMANA CULTURAL

 Do 18 ao 22 de marzo celebramos no centro a primeira semana cultural con charlas, exposicións, conciertos e distintas actividades 



xoves, 14 de marzo de 2024

MULLERES COMPOSITORAS

 O 8 de marzo o alumnado de 3° ESO expuxo no centro a súa selección de obras musicais feitas por COMPOSITORAS de distintas épocas e estilos. Así recoñecemos o labor dalgunhas destas compositoras olvidadas pola historia ou non suficientemente recoñecidas 


domingo, 25 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA




 Polo Día de Rosalía convocamos un Concurso de Poemas musicados.






No seguinte vídeo podemos escoitar unha selección destes poemas.

sábado, 10 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024

 O 9 de febreiro celebramos unha festa de entroido da man de Martín, Enar, Mario e Laura. Nela participaron todos os cursos da ESO e parte do profesorado. Os gañadores do concurso de disfraces e comparsas foron os alumnos/as de 4º da ESO. Podedes ver as actuacións neste vídeo.

Ademais o alumnado de Oratoria de 3º ESO participou na celebración do Día Mundial da Radio, convocada pola plataforma Ponte...nas Ondas! cun podcast sobre o Entroido en Galicia. O día 13 de febreiro de 2024 coincide neste ano co martes de Entroido, e sendo ésta unha das manifestacións do Patrimonio Cultural Galego-Portugués é unha boa ocasión para encher as ondas de programas co entroido como tema principal.