sábado, 10 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024

 O 9 de febreiro celebramos unha festa de entroido da man de Martín, Enar, Mario e Laura. Nela participaron todos os cursos da ESO e parte do profesorado. Os gañadores do concurso de disfraces e comparsas foron os alumnos/as de 4º da ESO. Podedes ver as actuacións neste vídeo.

Ademais o alumnado de Oratoria de 3º ESO participou na celebración do Día Mundial da Radio, convocada pola plataforma Ponte...nas Ondas! cun podcast sobre o Entroido en Galicia. O día 13 de febreiro de 2024 coincide neste ano co martes de Entroido, e sendo ésta unha das manifestacións do Patrimonio Cultural Galego-Portugués é unha boa ocasión para encher as ondas de programas co entroido como tema principal. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario