sábado, 29 de outubro de 2022

Samaín

 Este ano é terrorífico: temos monstros nas catedrais, cabazas peregrinas, cemiterios de peregrinos e a visita da Santa Compaña 



Monstros nas catedrais                                        

O Camiño de Santiago conta con innumerables construccións románicas nas que escultura e pintura cumprían dúas funcións: decorar e instruir. Nun mundo cheo de analfabetos a imaxe cumpre un rol básico: é o xeito de transmitir as ensinanzas da Igrexa, indicando aos fieis cal é o camiño a seguir para acadar a salvación. Aos visitantes de igrexas e catedrais lembrábaselles con imaxes máis ou menos terroríficas a volta de Cristo á Terra e o xuizo que fará a vivos e mortos, os castigos reservados aos pecadores e os horrores do inferno 



Cabazas peregrinas 

As gañadoras do concurso foron Nuria D. e Mishelle C. Presentaron unhas cabazas que chegaron a Compostela despois de facer o camiño inglés máis dificultoso que ninguén poida imaxinar. Un camiño cheo de desgrazas e desventuras que deixaron a súa pegada nestas pobres cabazas.




Cemiterios de peregrinos

Na Idade Media o Camiño de Santiago era moi perigoso e moitos peregrinos morreron antes de chegar a Compostela. O alumnado de 3 ESO analiza eses perigos e sitúa no mapa antigos cemiterios nos que moitos peregrinos descansan para siempre.


A Santa Compaña

O venres 28 de outubro o alumnado de Investigación e Tratamento da información (2 ESO B) reviviu esta lenda galega e unha procesión de mortos percorreu os corredores do centro.



venres, 28 de outubro de 2022

Día das Bibliotecas

Celebramos o Día das Bibliotecas (24 de outubro) con este vídeo feito polo alumnado de 1 ESO

Que podemos facer na biblioteca?


luns, 24 de outubro de 2022

Día Internacional das Catedrais

 O 19 de outubro celebramos o día internacional das catedrais. Seguramente non haxa camiño máis humano e máis místico que o Camiño de Santiago. Probablemente tampouco haxa ningún outro que acumule tanta riqueza patrimonial. Só o Camiño Francés xa ten un bo puñado desta riqueza, talvez por ser desde as orixes desta peregrinación o roteiro máis transitado (que non o máis antiguo). Ademáis de conventos, abadías e mosteiros, pontes e vendas e hosterías históricas, hai oito catedrais na parte do Camiño Francés engarzadas coma se fosen perlas dun colar pola senda que transitan os peregrinos que van a Santiago de Compostela. Todas ellas Patrimonio da Humanidade. O alumnado de Investigación e Tratamento da información (2 ESO) traballou con estas xoias arquitectónicas. O froito deste traballo podémolo ver en dúas exposicións: unha física no centro, e outra interactiva na rede. Entra na historia e descubre os seus segredos.





 
https://view.genial.ly/6335e0e927a5e900114ccc4a/interactive-image-imagen-interactiva 

mércores, 19 de outubro de 2022

Día das escritoras

 

Sumámonos á celebración da VII edición do Día das Escritoras para reivindicar o labor e o legado das mulleres que escribiron ao longo da historia. Este ano, o tema escollido é "Antes, durante e despois das guerras"



mércores, 12 de outubro de 2022

CONCERTO ZËNZAR


O grupo Zënzar ofreceu un concerto no IES de Mugardos o día 7 de outubro no marco da celebración do Día do orgullo Neofalante que se conmemora o 1 de outubro

luns, 10 de outubro de 2022

mércores, 5 de outubro de 2022

Concerto

 O 1 de octubre é o día internacional da Música e o día do orgullo Neofalante, e que mellor xeito de celebralo que con un concerto de rock en galego? Este venres 7 de outubro visítanos Zënzar