O 19 de outubro celebramos o día internacional das catedrais. Seguramente non haxa camiño máis humano e máis místico que o Camiño de Santiago. Probablemente tampouco haxa ningún outro que acumule tanta riqueza patrimonial. Só o Camiño Francés xa ten un bo puñado desta riqueza, talvez por ser desde as orixes desta peregrinación o roteiro máis transitado (que non o máis antiguo). Ademáis de conventos, abadías e mosteiros, pontes e vendas e hosterías históricas, hai oito catedrais na parte do Camiño Francés engarzadas coma se fosen perlas dun colar pola senda que transitan os peregrinos que van a Santiago de Compostela. Todas ellas Patrimonio da Humanidade. O alumnado de Investigación e Tratamento da información (2 ESO) traballou con estas xoias arquitectónicas. O froito deste traballo podémolo ver en dúas exposicións: unha física no centro, e outra interactiva na rede. Entra na historia e descubre os seus segredos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario