Para celebrar o día de San Valentín o alumnado de Proxecto Competencial (2º e 4º ESO) e o de Latín (4º ESO) recompilou información sobre distintos aspectos relacionados co amor: desde refráns populares a poetas clásicos pasando por mitos e síntomas do namoramento, ou por historias de amor inmortais e os tipos de amor existentes, o seu traballo móstranos unha visión moi ampla do amor. Ademais todos estes achegamentos serviron de inspiración para a composición de poemas que nos lembran que o amor é e foi sempre unha fonte inesgotable de inspiración.
Amosando publicacións coa etiqueta San Valentín b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta San Valentín b>. Amosar todas as publicacións
luns, 17 de febreiro de 2025
mércores, 15 de febreiro de 2023
San Valentín
Iniciamos a experiencia da Radio na Biblio cun programa no que repasamos algunhas cartas de amor que distintos personaxes reais escribiron ás persoas que máis amaban. Da man do alumnado de Artes Escénicas (4 ESO) repasamos estas cartas e disfrutamos de moi boa música.
Ademáis, estas e outras cartas forman parte da exposición que temos no centro.
xoves, 17 de febreiro de 2022
SAN VALENTÍN
A comezos de curso prometeramos un mar de historias polo que agora, por San Valentín, aproveitamos para repasar algunhas das historias de amor máis coñecidas. Historias reais e historias ficticias, tanto literarias como lendarias, que marcaron para sempre a vida dos seus protagonistas. Historias que ás veces son crueis e ás veces son fermosas e que enchen este San Valentín con moreas de amor.
Cal destas é a historia que máis che conmove?
Porque por San Valentín é tempo de namorarse dun bo libro
venres, 14 de febreiro de 2020
14- FEBREIRO
DÍA DE SAN VALENTÍN
O amor pode ir en moitas direccións. Moitos dos nosos alumnos amosaron o seu "amor" por algúns libros desta biblioteca neste "photocall"
A Biblioteca repartíu poemas de amor entre os alumnos, e estivo toda a semana adornada con motivos vinculados co amor: a rosa, a mazá e bombónsmércores, 22 de febreiro de 2017
San Valentín
Personaxes femininos inquedos, imaxinativos, rebeldes, curiosos, reivindicativos... son a outra cara da moeda das princesiñas que soñan co seu príncipe azul.
E TI EN QUE PENSAS?
POR ISO CAMBIOU O CONTO
Os alumnos de Artes Escénicas de 4º de ESO propoñen unha nova versión dalgúns contos clásicos (treme, Disney!)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







