Amosando publicacións coa etiqueta Medio ambiente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Medio ambiente. Amosar todas as publicacións

mércores, 24 de abril de 2019

Día da Nai Terra

     
           22 de ABRIL     DÍA DA NAI TERRA   

Traballo de Paula Riobó

Para celebrar o día da Nai Terra expuxemos algúns dos traballos feitos polo alumnado de Valores Éticos de 2º ESO

luns, 4 de xuño de 2018

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
5 - XUÑO

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
 

 En colaboración co Departamento de Educación Plástica e Visual convocouse un concurso de fotografía sobre o medio ambiente no que se pedían unha serie de temas e técnicas aplicadas neles. 



A gañadora foi a alumna de 3º ESO Xoana Pérez
 



Este é o vídeo coas mellores fotografías dos participantes

venres, 24 de marzo de 2017

22 de MARZO, Día Mundial da Auga



No día mundial da auga queremos lembrar que na actualidade máis de 663 millóns de persoas viven sen subministración de auga potable preto de casa, o que lles obriga a pasar horas facendo cola ou trasladándose a fontes afastadas, así como a facer fronte a problemas de saúde debido ao consumo de auga contaminada.

Necesitamos aumentar a recolección e tratamento das augas residuais e reciclalas dunha forma segura. Ao mesmo tempo, necesitamos reducir a cantidade de auga que contaminamos e malgastamos para axudar a protexer o medio ambiente e os recursos hídricos


Aquí deixámosvos unha breve reflexión sobre o consumo de auga baseada no vídeo ao que Penélope Cruz puxo voz, neste caso na voz de Sara Vázquez