martes, 28 de xuño de 2022

domingo, 26 de xuño de 2022

CONCURSO DE ROSALÍA

Valorados os poemas entregados para o  concurso de "Rosalía con emojis" o xurado decide os seguintes premios:

1º premio ex aequo Daniela Corral e Leire Ocampo  (1º ESO)

2º premio ex aequo Eva Fernández e Mishelle Calviño (1º ESO)

3º premio: Claudia Sánchez (1º Bach.)



MARE MAGNUM

O último boletín deste curso.

Ao longo deste curso vimos monstruos mariños na literatura, criaturas terroríficas das profundidades abisais, cabazas inspiradas no mar, palabras afogadas no océano do tempo, exposicións de libros de temática mariña, sufrimos unha abordaxe pirata, escoitamos música clásica e poesía inspiradas no mar, vimos a importancia económica das actividades humanas relacionadas co mar, lemos á beira do mar, reivindicamos a actividade e o papel das mulleres no estudo e conservación dos nosos mares e océanos e nas actividades relacionadas coa pesca, paseamos por cidades mergulladas baixo o mar e por illas literarias, e revisamos moitos cadros de temática mariña (auténticas obras de arte cas que repasamos ou descubrimos a pintores de distintas épocas e estilos)

Todo isto e moito máis quedou recollido na nosa revista.











 DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

O 8 de xuño é o día mundial dos océanos e nós celebrámolo con este vídeo no que a alumna de 2º ESO Noemí Abeal, ponlle voz ao océano. Intentamos axudar así a concienciarnos da necesidade de coidar os nosos mares




mércores, 1 de xuño de 2022

O poema de Gilgamesh 

Xa temos a disposición de todo alumnado a adaptación desta obra escrita en verso que é recoñecida como a obra épica máis antiga coñecida.