xoves, 24 de febreiro de 2022

 23 - FEBREIRO      

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

No día de Rosalía 🌹 achegámonos á súa obra xogando cos seus poemas


Agradecemos a colaboración e imaxinación do alumnado participante 👌. Pronto teredes os vosos premios 🏆🏆🏆




E felicitamos ao alumnado de FP Básica pola realización desta exposición








xoves, 17 de febreiro de 2022

 SAN VALENTÍN

A comezos de curso prometeramos un mar de historias polo que agora, por San Valentín, aproveitamos para repasar algunhas das historias de amor máis coñecidas. Historias reais e historias ficticias, tanto literarias como lendarias, que marcaron para sempre a vida dos seus protagonistas. Historias que ás veces son crueis e ás veces son fermosas e que enchen este San Valentín con moreas de amor.


Cal destas é a historia que máis che conmove?


Ademais en San Valentín tamén é un bo momento para namorarse... para namorarse dun bo libro. E se é á beira do mar, mellor. Porque calquera sitio é bo para gozar dun bo libro, pero se ao pracer da lectura sumámoslle a tranquilidade dunha praia, a banda sonora das ondas batendo na beira, a caricia suave do sol e unha brisa lixeira, obtemos ese pracer por duplicado. Así que saímos a pasear pola nosa costa e levámonos os nosos libros favoritos. Pero tamén, e sendo un pouco irreverentes, colocamos algúns deses libros en paisaxes marítimas retratadas por Caspar David Friedrich, Botticelli, Dalí, Sorolla ou Renoir.


Porque por San Valentín é tempo de namorarse dun bo libro




venres, 11 de febreiro de 2022

                                                   PODCAST

Traballo de edición de son inspirado no mar feito polo alumnado de 2º ESO (Noemí, Sheila, Mara, Eneas, Antía e Paula)