xoves, 25 de febreiro de 2021

                                      ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro coa lectura dun dos seus poemas. Da man do alumnado de Artes Escénicas (4º ESO) lembramos "A volta ó lar".


venres, 19 de febreiro de 2021

                                             ENTROIDO


Como non podía ser doutra maneira neste Entroido tiñamos que traballar, si ou si, sobre as máscaras. Máscaras tribais, máscaras do Entroido, máscaras funerarias, máscaras teatrais, máscaras da Peste Negra, máscaras venecianas, máscaras no cinema.

Sobre todas elas traballou o alumnado de todos os niveis facendo unha investigación que se plasmou nestas máscaras, e que deixa moi claro o potencial artístico que hai neste centro. Todas estas máscaras optan a premio, nas distintas categorías, no Concurso convocado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística.





venres, 5 de febreiro de 2021

 DÍA DA PAZ

Este curso o motivo central arredor do cal xirou boa parte do traballo do alumnado foi a carga simbólica da flor como elemento portador de paz. Dende o flower power dos anos 60, coas súas icónicas fotos de flores contra armas, ata as revolucións con nomes e presenza de flores (rosas de Georgia, caraveis en Portugal, flores brancas en Bielorrusia...). Flores como marco de frases sobre a paz, e flores tamén coas que se reproducen moitos dos símbolos da paz cuxa orixe tamén nos explicaron o alumnado nos seus traballos.
Traballo a cargo do alumnado de 1º e 3º de Valores, 2º de Investigación, e FPB Xardinería