Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO 2026

 Celebración do Día do Libro no IES de Mugardos (colaboración da Biblioteca, o Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua).

Este ano a maxia das palabras fusionouse coa inmensidade do cosmos nunha xornada moi especial: Punto de Intercambio de libros: porque os libros teñen mil vidas habilitamos un espazo para que alumnado e profesorado puidesen darlles unha nova viaxe ás súas lecturas favoritas

Cosmogonías literarias: seguindo o fío condutor do noso proxecto de centro, "O Universo", o alumnado de Proxecto de 4º ESO mergullounos nas diferentes visións sobre a orixe do mundo a través de traballos moi creativos

Clásicos con nova cara: as alumnas de Latín de 4º ESO sorprenderon creando portadas de libros actuais e clásicos traducidas ao latín, demostrando que as linguas clásicas están máis vivas que nunca

xoves, 24 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o Día do Libro o alumnado de 2° e 4° ESO de Proxecto Competencial elaborou unha serie de traballos sobre "Libros raros" e "Libros e Cancións".


Así, repasamos libros que serviron de inspiración para cancións como "Electric eye" de Judas Priest  inspirada en "1984" de Orwell ou "Wonderland" de Taylor Swift inspirada na obra de Lewis Carroll "Alicia no país das marabillas". 


Por otra banda o alumnado de 4° investigou sobre Libros raros, indescifrables, máxicos ou libros encuadernados con pel humana.



luns, 24 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO

 O  CÓDICE CALIXTINO

No día do libro lembramos un dos libros máis importantes relacionados co Camiño de Santiago. O Códice Calixtino está considerado un dos monumentos da cultura da Idade media.



















luns, 25 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

UN LIBRO SEMPRE ENCAIXA

Ninguén pon en dúbida os efectos beneficiosos da lectura: axuda a desenvolver habilidades lingüísticas, a imaxinación, e a creatividade, exercita o cerebro e moitas cousas máis.
Segundo o barómetro publicado polo Ministerio de Cultura e Deporte sobre hábitos de lectura, despois da pandemia consolidouse o aumento da porcentaxe de lectores acadado durante o confinamento, porén segue existindo unha importante porcentaxe de persoas que admiten que non len nunca ou case nunca.


O dereito a non ler é o primeiro dos dez dereitos do lector segundo Daniel Pennac. A lectura é un acto totalmente libre e cada quen ten o dereito a decidir se le ou o que le, ou como le. Tampouco pasa nada se non rematamos un libro porque non nos engancha ou se pasamos as follas ou se saltamos parágrafos ou mesmo páxinas (hai quen non soporta as descripcións demasiado prolixas)


De todos os xeitos, para todos aqueles non lectores que din que non lles gusta, se cadra estaría ben lembrar ese slogan que se fixo tan famosoa finais dos 70 para publicitar un refresco de sabor amargo: "lo has probado poco" era o reclamo para todos aqueles que o rexeitaban. 
E se ca lectura sucede o mesmo? E se é cousa de probala máis? E se a cuestión é dar co que realmente engancha? Porque case. case con total certeza: sempre haberá un libro que encaixe.




LIBROS PROHIBIDOS

Este ano facemos un repaso por algúns dos libros que sufriron censura ou foron prohibidos ao longo da historia. Libros queimados, libros que resultaban molestos para unha determinada forma de pensar, libros que desafiaban á autoridade, libros que transmitían ideas perigosas... Libros que a pesar de todo non desapareceron e que podemos ler con liberdade.



martes, 5 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

Aquí tedes un adianto do tema que trataremos este ano: os libros prohibidos
 

sábado, 24 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021

                      
                                                           DÍA DO LIBRO 


Unha rápida viaxe a través do libro e a lectura.

Obradoiro de Teatro (2º bacharelato)

Agradecemos a colaboración de Andrea, Nerea e Noemí.



   O traballo quedou finalista na categoría Non Ficción do Concurso Olloboi



mércores, 22 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO 2020


Hoxe non estamos celebrando o Día do Libro na nosa biblioteca, nin nas nosas aulas, nin nas nosas librarías , pero hoxe celebramos esta data dun xeito moi especial porque, malia o que estamos vivindo, atopamos un motivo ilusionante para achegarnos e reunirnos ao redor do libro e da lectura.

Se a lectura é, a meirande parte das veces, un acto solitario e individual, o seu poder e o poder do libro puido facer posible esta colectiva e marabillosa resposta a unha convocatoria á que acudiron representantes de todos os sectores da comunidad educativa. E con todas as súas achegas é posible visualizar neste vídeo as moitas posibilidades que o libro nos ofrece.

Damos as grazas a todos os que participaron na súa creación e, en especial, aos alumnos e alumnas que xa non están neste curso no instituto, porque a súa colaboración deixa claro o vínculo creado: sabemos que podemos contar con eles, saben que poden contar con nós.

Neste mundo actualmente ameazado por un virus, hai moitísima xente que leva dentro outro virus, o da lectura, para o cal non hai que atopar vacina ningunha.

E desde aquí volvemos repetir #AbrimosUnLibroEQuedamosNaCasa
📗📘📙📚📖🏡🏨





venres, 14 de xuño de 2019

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "DÍA DO LIBRO"

Estas son as fotografías seleccionadas de entre as presentadas ao concurso




mércores, 24 de abril de 2019

Día do Libro

            23 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO



Como aos superheroes do cómic, a lectura dache superpoderes


Desde a Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística animamos aos rapaces a xogar coas portadas dos seus libros preferidos e convocamos un concurso para elexir a fotografía máis conseguida

Dúas celebracións en dous días consecutivos

SE A POESÍA É UNHA FOGUEIRA, QUEIMÉMONOS NELA


Lectura e recitado dunha escolma de poemas a cargo do alumnado de Artes Escénicas (4º ESO), Latín (4º ESO), Obradoiro de Teatro (1º Bach), Grego (1º Bach) para celebrar o Día do Libro



luns, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO


LER ÁBRECHE A PORTA A UNHA MOREA DE MUNDOS

      Da man do alumnado do Obradoiro de Teatro (1º Bach) entramos
 nalgúns deses mundos aos que a literatura nos transporta


   Agradecemos a colaboración dos nosos compañeiros: 
Rafa, Raquel, Telmo, Olga, Patricia, e a todos aqueles que dalgún xeito permitiron que o traballo saíse adiante


Para celebrar esta data a Biblioteca repartiu ex libris entre os seus usuarios.

luns, 24 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO 2017

Se queres rir  😄 😄
Se che gusta soñar 🙇 🙇
Se es curioso  👀  👀
Se queres aprender 🔎 🔎
Se tratas de esquecer preocupacións  😯 😯
Se buscas emocións 😭 😄
Se persegues respostas❔❔

SEMPRE TERÁS UN AMIGO AGARDANDO POR TI

📖  📖