venres, 29 de abril de 2022

xoves, 28 de abril de 2022

 CIDADES MERGULLADAS


Hai destinos únicos no mundo que non están en terra firme. Varias cidades tiveron unha vida intensa cunha cultura rica e con moita historia, pero deixaron de aparecer nos mapas  xa sexa por algunha catástrofe climática, tsunamis, o aumento dos niveis da auga, erupcións volcánicas, ou mesmo obras de infraestrutura do home que as deixaron mergulladas baixo o mar. Atoparás cidades de ouro, colosos pétreos baixo o mar, a cidade máis malvada da terra, e auténticos tesouros arquitectónicos. 


luns, 25 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

UN LIBRO SEMPRE ENCAIXA

Ninguén pon en dúbida os efectos beneficiosos da lectura: axuda a desenvolver habilidades lingüísticas, a imaxinación, e a creatividade, exercita o cerebro e moitas cousas máis.
Segundo o barómetro publicado polo Ministerio de Cultura e Deporte sobre hábitos de lectura, despois da pandemia consolidouse o aumento da porcentaxe de lectores acadado durante o confinamento, porén segue existindo unha importante porcentaxe de persoas que admiten que non len nunca ou case nunca.


O dereito a non ler é o primeiro dos dez dereitos do lector segundo Daniel Pennac. A lectura é un acto totalmente libre e cada quen ten o dereito a decidir se le ou o que le, ou como le. Tampouco pasa nada se non rematamos un libro porque non nos engancha ou se pasamos as follas ou se saltamos parágrafos ou mesmo páxinas (hai quen non soporta as descripcións demasiado prolixas)


De todos os xeitos, para todos aqueles non lectores que din que non lles gusta, se cadra estaría ben lembrar ese slogan que se fixo tan famosoa finais dos 70 para publicitar un refresco de sabor amargo: "lo has probado poco" era o reclamo para todos aqueles que o rexeitaban. 
E se ca lectura sucede o mesmo? E se é cousa de probala máis? E se a cuestión é dar co que realmente engancha? Porque case. case con total certeza: sempre haberá un libro que encaixe.




LIBROS PROHIBIDOS

Este ano facemos un repaso por algúns dos libros que sufriron censura ou foron prohibidos ao longo da historia. Libros queimados, libros que resultaban molestos para unha determinada forma de pensar, libros que desafiaban á autoridade, libros que transmitían ideas perigosas... Libros que a pesar de todo non desapareceron e que podemos ler con liberdade.



martes, 5 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

Aquí tedes un adianto do tema que trataremos este ano: os libros prohibidos
 

 MARE MAGNUM

Xa temos nas aulas o número de marzo