luns, 21 de marzo de 2022

 DÍA MUNDIAL DA POESÍA

21- MARZO

Neste día facemos unha pequena escolma de poemas inspirados no mar e lembramos ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, o poeta Florencio Delgado Gurriarán



luns, 14 de marzo de 2022

martes, 8 de marzo de 2022

 8 - marzo

      Día internacional da muller




Este cartel foi un traballo de J. Howard Miller para Westinghouse Electric. Esta empresa buscaba motivar e levantar o ánimo das súas traballadoras durante a Segunda Guerra Mundial. Tomou a súa fama a comezos da década de 1980. Nos anos 80 era coñecido ben polo seu slogan ou ben por como o alcumaron "Rosie the Riverter",
Esta imaxe foi un símbolo que non só promoveu ao feminismo ha década dos 80, senón que tamén foi unha inspiración para a loita doutras cuestións políticas. Ademáis, o cartel foi portada no ano 1994 da revista Smithsonian e converteuse en 1999 nun selo de EEUU.
Co seu "redescubrimento" na década de 1980 asumiuse que esre cartel utilizábase para motivar ás traballadoras para sumarse ao esforzo da guerra. Esta imaxe foi utilizada para a contratación de mulleres durante a guerra, e tamén para aumentar a producción das xa contratadas. A empresa neste período estaba en plena expansión do seu negocio e diversificación do produto, e por mor da guerra a súa man de obra era mínima, polo que recorreron á contratación de mulleres, como sustitución da falta de man obreira masculina.
Hoxe transformouse nun símbolo do feminismo. Isto débese á clara mensaxe do cartel e á actitude e posturas de empoderamento da muller que aparece nel. E nós recollemos o seu espírito.


Mulleres do mar

Lembramos este ano dun xeito moi especial a esas mulleres que, desde o ámbito científico, poñen o seu esforzo no estudo e conservación dos nosos mares e océanos.
Oceanógrafas, biólogas mariñas, arqueólogas submariñas, mergulladoras... todas elas fixeron do mar a súa vida deixando patente que a ciencia non distingue xéneros, aínda que quede moito por facer.



Exposición

As mulleres son valerosas, pioneiras, exploradoras. As mulleres precisan dunha habitación propia. As mulleres son científicas, artístas, son feministas, teñen poder. Compróbao!!