luns, 11 de decembro de 2023

75 Aniversario da Declaración de Dereitos Humanos

75 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE DEREITOS HUMANOS

Para conmemorar o 75 aniversario da Declaración Universal de Dereitos Humanos (París, 10 de decembro de 1948), parte do alumnado de Valores (3º ESO) revisou os 30 artigos que a compoñen.


venres, 8 de decembro de 2023

Proxecto de centro

 Dentro do proxecto de centro adicado á arquitectura e ao patrimonio arquitectónico, o alumnado de 3º da ESO traballou sobre unha das estructuras arquitectónicas máis estables: o triángulo; e nestes traballos fan un repaso por algunhas das estructuras triangulares máis coñecidas.



Arquitectura e Violencia de Xénero

ARQUITECTURA E DESIGUALDADE

Entre as fronteiras que separan aos homes e ás mulleres, a arquitectura ocupa un papel primordial pola reproducción das desigualdades e tensións a partir da asignación de roles e de usuarios aos diferentes espazos. No caso concreto das mulleres o espazo adquire unha relevancia fundamental xa que se trata dunha categoría que determinou de forma moi especial a súa identidade e o seu ser social. É dicir, que a arquitectura e a distribución do espazo actúan como promotoras e reflexo das construccións sociais.

O alumnado de Proxecto Competencial (4º ESO) investigou sobre esta asignación de roles e usuarios aos distintos espazos domésticos e expuxo os seus ttraballos nas distintas aulas da ESO.



xoves, 2 de novembro de 2023

SAMAÍN 2023










Este ano, ademais do tradicional concurso de cabazas, tivemos un Samaín moi especial con monstros, casas encantadas, cemiterios especiais e contos de medo.

Concurso de cabazas: as gañadoras foron Inés Fernández (2º ESO B) e Lorea Lamas (1º ESO A)


Casas encantadas: o alumnado de Proxecto competencial de 4º ESO traballou con algunhas das casas encantadas mais coñecidas. Ademais da exposición que montaron un grupo deles (Endika, Eneas, Gabriel e Jorge) ideou e grabou unha película tendo como referencia a historia que rodea a unha destas mansións: o Cortijo Jurado de Málaga.

Cemiterios especiais: o alumnado de Proxecto competencial de 2º ESO fixo unha exposición sobre algúns dos cemiterios mais salientables de Galicia: os cemiterios góticos da Terra Chá e outras xoias da arquitectura relixiosa (algún soterrado, outro no que empregan cunchas de vieira, o cemiterio mais melancólico do mundo, etc...)

Podcast: Faia, Candela e Laura (4º ESO. Latín) prepararon un podcast no que nos contan as costumes ligadas ao culto aos mortos na antiga Roma e como eran eses días "nefastos" adicados aos defuntos. Ademais Noemí (4º ESO) le o resumo de tres contos de medo: "A caída da Casa Usher" de Edgar Allan Poe, "Vampiro" de Emilia Pardo Bazán, e "O almofadón de plumas" de Horacio Quiroga



luns, 23 de outubro de 2023

PROXECTO DE CENTRO


 O patrimonio arquitectónico, presente nos nosos pobos, cidades, e na práctica totalidade do planeta, está constituido por monumentos e edificios de relevancia que son fiel reflexo dun pasado propio, unha historia e unha tradición digna de conservarse. O conxunto de edificacións representativas da nosa identidade cultural supoñen un legado común que serve de guía a xeneracións futuras, pois sen a posibilidade de leer o que nos mostran estas construccións, estaríamos orfos de referencias históricas. Este ano o proxecto de centro baséase no patrimonio arquitectónico mundial e da nosa contorna, para así percorrer a través destes espazos a nosa historia.

mércores, 21 de xuño de 2023

RITUAIS DE PEREGRINOS

 Traballo de edición de son e vídeo feito polo alumnado de Investigación e tratamento da información de 2º ESO B co que repasamos algúns dos rituais que os peregrinos facían, e fan, no seu camiño de Compostela.


DUM PATER FAMILIAS

 O alumnado de 3º ESO B de Procxecto Competencial fixo a súa propia versión do Himno dos peregrinos recollido no Códice Calixtino, coa colaboración de Antía Martínez de 3º ESO A e Olga Recio.


O XOGO DA OCA

 O xogo da oca e o Camiño de Santiago teñen unha vinculación moi especial. O xogo da oca é unha guía encriptada do Camiño de Santiago de ida e volta. Atribúese a súa invención á Orde do Temple, que protexía aos peregrinos que se dirixían a Santiago. É un mapa cifrado do Camiño, un mapa encriptado baseado nos marcadores ou carteis anunciadores que marcaban os lugares de especial significación e onde os mestres constutores deixaban marcas secretas nas catedrais, castelos, monumentos, pontes, cemiterios... Era como un xeroglífico onde os símbolos eran coñecidos por toda a Orde, e que permitía un entendemento a todos os cabaleiros, independentemente do idioma de cada un, Era polo tanto, unha guía do Camiño.

O alumnado de 1º Bach de Atención Educativa fixo a súa propia versión do xogo, neste caso só de ida, na que repasou distintos aspectos relacionados con este roteiro internacional. Todas as casillas levan unha explicación da imaxe representada, e así pasamos por distintas localidades que inclúen no seu nome o termo OCA, por puntos importantes do Camiño francés, lembramos lendas relacionadas co Apóstolo ou coa peregrinación, personaxes significativos, símbolos, documentos, xogos previos e obxectos que fan deste traballo a guía definitiva do Camiño de Santiago.





O home ovo

 O alumnado de Artes Escénicas e Danza (4º ESO) interpretou esta obra na que un xefe ten por fillo un ovo. Logo dun matrimonio concertado coa filla dunha xefa veciña o ovo comeza a comportarse dun xeito que non lle gusta nada á súa recente esposa...


O galego dá moito xogo

 

O 19 de maio celebramos o Día das Letras Galegas deportivamente- Participou o alumnado de 1º e 2º da ESO xunto co alumnado de 6º de primaria do CEIP Apóstolo Santiago de Franza e o CEIP Unión Mugardesa. Con todos os participantes identificados con cadansúa fita de cores e distribuidos en grupos iniciouse a actividade coa Carreira da Lingua. O obxectivo era pintar un cadro seguindo as pistas acadadas na carreira. Logo os equipos participaron en distintos xogos.


mércores, 17 de maio de 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Nerea, Laura e Hugo, de Artes Escénicas e Danza, fan un repaso da vida e obra do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas




sábado, 29 de abril de 2023

DÍA DA DANZA

 O 29 de abril celebramos o día internacional da danza e o alumnado de Artes Escénicas e Danza fálanos, no seguinte podcast, dunha pandemia de baile ocorrida en Europa fai uns séculos: foi un fenómeno social producido principalmente nos países centroeuropeos entre os séculos XIV e XVII. Tratábase de grupos de persoas bailando de maneira incontrolable, ás veces ata morrer...


luns, 24 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO

 O  CÓDICE CALIXTINO

No día do libro lembramos un dos libros máis importantes relacionados co Camiño de Santiago. O Códice Calixtino está considerado un dos monumentos da cultura da Idade media.



















mércores, 19 de abril de 2023

sábado, 18 de marzo de 2023

CANCIÓNS NO CAMIÑO


 Xa están listas as cancións feitas e interpretadas polo alumnado de Atención Educativa de 1° Bach.  Queremos agradecer o traballo de edición de son de Bea Roxana Bautista e o entusiasmo dalgúns alumnos-as que fixeron un traballo moi chulo 👍


 


 

mércores, 8 de marzo de 2023

8 de marzo

 

No día da Muller lembramos a algunhas peregrinas que fixeron o Camiño de Santiago 



O alumnado de Proxecto Competencial de 3° ESO B presentou a unha peregrina moi especial que mostra os principais atributos do peregrino medieval: a cuncha de vieira, a capa, a esclavina, o zurrón e o bordón.



venres, 24 de febreiro de 2023

Podcast

 Lendas do Camiño de Santiago

Daniela e Mishelle relatan catro lendas relacionadas co Camiño de Santiago: a lenda do cabaleiro Caio, a lenda do galo de Barcelos, a lenda de Orcavella e a lenda da Ponte Maceira.





Día de Rosalía

 

 

mércores, 15 de febreiro de 2023

San Valentín

 Iniciamos a experiencia da Radio na Biblio cun programa no que repasamos algunhas cartas de amor que distintos personaxes reais escribiron ás persoas que máis amaban. Da man do alumnado de Artes Escénicas (4 ESO) repasamos estas cartas e disfrutamos de moi boa música.




Ademáis, estas e outras cartas forman parte da exposición que temos no centro.