domingo, 19 de decembro de 2021

                                                   MAREMAGNUM

O segundo número do noso boletín xa está nas aulas



domingo, 12 de decembro de 2021

xoves, 25 de novembro de 2021

 MARE MAGNUM

Iniciamos unha nova aventura: a publicación periódica dun boletín no que poder compartir traballos, novas e ideas. Esperamos a vosa colaboración


 VIOLENCIA DE XÉNERO


A lingua non é machista, como non é racista ou homófoba. É o emprego que fagamos dela o que determina o carácter do discurso

 DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA

O alumnado de 1º ESO realizou un curioso traballo de investigación sobre a morte das palabras. 

As palabras que forman parte dunha lingua non son sempre as mesmas, senón que van cambiando. Grazas á pandemia que estamos a sufrir, podémolo comprobar facilmente: palabras que antes non existían, aparecen de súpeto ante nós (como Coronavirus ou PCR) e outras que xa existían, agora as empregamos con moita máis frecuencia (confinamento, desescalada).

Do mesmo xeito que as palabras nacen, tamén morren. É un lento proceso no que a palabra vai perdendo o seu uso ata que xa ninguén a emprega.

Estas palabras que acaban morrendo ó longo tempo son a razón do traballo do alumnado de 1ºESO.

Para elaborar este traballo, tiveron que buscar información na Internet e despois comprobar que esa información fose verídica. Para dita comprobación realizaron un rigoroso traballo lexicográfico que consistiu en comprobar se realmente esa palabra existiu nalgún momento na lingua castelá. Para iso empregaron o dicionario de Covarrubias, que é o dicionario monolingüe máis antigo da lingua española e tamén o Dicionario de Autoridades de 1726 que foi o primeiro dicionario creado pola Real Academia Española.

Tras verificar que a palabra coa que traballan realmente existiu e está recollida nalgún deses antigos dicionarios, de seguido tiveron que constatar que agora, dita palabra, non aparece no dicionario da RAE.

Todas as palabras que vedes na imaxe, morreron afogadas no océano do tempo. 




luns, 8 de novembro de 2021

                                       PODCAST

A piques de rematar o ano no que se conmemora o centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán o alumnado de Obradoiro de Teatro de 2º Bacharelato fixo a súa propia achega coa dramatización dun dos seus contos de medo.


Narrador: Raúl Maceira
Don Beltrán: Jacobo Martínez
Madrina: Carla Vilasánchez
Diego Fernández, Natalia Salido, Lara Cristobo



Debuxos de Raquel Rey Servia (2º Bach.)


xoves, 4 de novembro de 2021

                                                   SAMAÍN

       Iniciamos o mes de Novembro coa tradicional festa de Samaín e o tradicional concurso de cabazas. Agradecemos a colaboración do alumnado de FP

    Rapaces: non olvidedes recoller o voso premio



            Monstros mariños na literatura


                    Criaturas terroríficas nun océano real

      Traballo realizado polo alumnado de 2ª º ESO 

                                               UN MAR DE HISTORIAS








martes, 15 de xuño de 2021

 BAILE ROMANO

2º Premio no Concurso de Danza Romana convocado polo Museo de Caldoval



Visita a Caldoval e interpretación da danza romana


martes, 8 de xuño de 2021

GAÑADORES DOS CONCURSOS PROMOVIDOS POLA BIBLIOTECA E EDL


   MÁSCARAS DE ENTROIDO




TES TALENTO





Reproducimos a continuación o texto orixinal do gañador do 3º premio, Yoel S. D.


I
Raio de luz tenue arriba
asomando pola fiestra
unha fermosa alabanza
a esa noite que me abafa
por non verte, miña amada.
A lúa é a miña guía,
en amores conselleira
cando na agonía eterna,
a miña pobre alma en pena
camño da triste praza;
outra ilusión non atopa
agardando sempre á toa
liberación desta coita

II
Xa que nesta amarga historia, 
a maligna carceleira,
e a deusa liberadora
son xusto a mesma persoa,
perdido nesta marea
só me queda este poema:
liberdade sucedánea!
Só me queda a miña lingua:
sangue será a miña tinta!
Co teu corazón de pedra
ao medulio a morte chega:
versos de amor na batalla!
Escravo sen miña dona!
A morte agora se acerca!

venres, 21 de maio de 2021

MÁIS A FONDO

 CORONAVIRUS 

O grupo de Obradoiro de Teatro (2º Bacharelato) fai un repaso da situación xerada polo coronavirus





 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

No día das letras galegas, adicado a Xela Arias, fixemos un pequeno recordatorio dos primeiros pasos do cinema en Galicia, lembrando tamén a estreita relación que hai entre cine e literatura




Desde Biblioteca e Dinamización convocamos a terceira edición do concurso Tes Talento no que a poesía de Xela Arias estivo moi presente



sábado, 24 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021

                      
                                                           DÍA DO LIBRO 


Unha rápida viaxe a través do libro e a lectura.

Obradoiro de Teatro (2º bacharelato)

Agradecemos a colaboración de Andrea, Nerea e Noemí.



   O traballo quedou finalista na categoría Non Ficción do Concurso Olloboi



xoves, 25 de febreiro de 2021

                                      ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro coa lectura dun dos seus poemas. Da man do alumnado de Artes Escénicas (4º ESO) lembramos "A volta ó lar".


venres, 19 de febreiro de 2021

                                             ENTROIDO


Como non podía ser doutra maneira neste Entroido tiñamos que traballar, si ou si, sobre as máscaras. Máscaras tribais, máscaras do Entroido, máscaras funerarias, máscaras teatrais, máscaras da Peste Negra, máscaras venecianas, máscaras no cinema.

Sobre todas elas traballou o alumnado de todos os niveis facendo unha investigación que se plasmou nestas máscaras, e que deixa moi claro o potencial artístico que hai neste centro. Todas estas máscaras optan a premio, nas distintas categorías, no Concurso convocado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística.





venres, 5 de febreiro de 2021

 DÍA DA PAZ

Este curso o motivo central arredor do cal xirou boa parte do traballo do alumnado foi a carga simbólica da flor como elemento portador de paz. Dende o flower power dos anos 60, coas súas icónicas fotos de flores contra armas, ata as revolucións con nomes e presenza de flores (rosas de Georgia, caraveis en Portugal, flores brancas en Bielorrusia...). Flores como marco de frases sobre a paz, e flores tamén coas que se reproducen moitos dos símbolos da paz cuxa orixe tamén nos explicaron o alumnado nos seus traballos.
Traballo a cargo do alumnado de 1º e 3º de Valores, 2º de Investigación, e FPB Xardinería