xoves, 25 de novembro de 2021

 DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA

O alumnado de 1º ESO realizou un curioso traballo de investigación sobre a morte das palabras. 

As palabras que forman parte dunha lingua non son sempre as mesmas, senón que van cambiando. Grazas á pandemia que estamos a sufrir, podémolo comprobar facilmente: palabras que antes non existían, aparecen de súpeto ante nós (como Coronavirus ou PCR) e outras que xa existían, agora as empregamos con moita máis frecuencia (confinamento, desescalada).

Do mesmo xeito que as palabras nacen, tamén morren. É un lento proceso no que a palabra vai perdendo o seu uso ata que xa ninguén a emprega.

Estas palabras que acaban morrendo ó longo tempo son a razón do traballo do alumnado de 1ºESO.

Para elaborar este traballo, tiveron que buscar información na Internet e despois comprobar que esa información fose verídica. Para dita comprobación realizaron un rigoroso traballo lexicográfico que consistiu en comprobar se realmente esa palabra existiu nalgún momento na lingua castelá. Para iso empregaron o dicionario de Covarrubias, que é o dicionario monolingüe máis antigo da lingua española e tamén o Dicionario de Autoridades de 1726 que foi o primeiro dicionario creado pola Real Academia Española.

Tras verificar que a palabra coa que traballan realmente existiu e está recollida nalgún deses antigos dicionarios, de seguido tiveron que constatar que agora, dita palabra, non aparece no dicionario da RAE.

Todas as palabras que vedes na imaxe, morreron afogadas no océano do tempo. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario