martes, 31 de marzo de 2020

RESUMO DE TAREFAS

RESUMO DE TAREFAS

Bo día a todos, hoxe vos presento un resumo das tarefas que vos propuxen desde o día 16 de marzo ata hoxe. Lembrade premer na etiqueta do curso e materia correspondente para acceder a tódalas entradas.
Non puxen data de entrega das tarefas, pero espero que teñades algo feito porque a partir da segunda quincena de abril pedireivos que me remitades algúns deles. Si xa tedes feitos algúns podedes ir mandándoos ao correo ao que mandastes os traballos todo o curso.

Algunhas puntualizacións sobre as tarefas:
- Os traballos de MUSESCORE/ SCORE CREATOR mandádeos en formato pdf (lembrade seleccionar a opción pdf cando exportedes)
- Os traballos de AUDACITY exportádeos en formato mp3 ou WAV
- As presentacions: a idea era velas á volta, pero como non sabemos cando imos voltar o mellor é que as fagades nun formato que vos permita envialas
- Os traballos teóricos (responder preguntas ou análise de audicións) en formato pdf
- Os test podédelos facer cantas veces queirades. Ao rematar cada test tedes a opción de ver a corrección e saber onde fallastes. Si vos rexistrades en educaplay podo ver quen o fixo, se non non podo
- A frauta: anímovos a tocar, non só para non perder destreza nos dedos senon para distraervos e relaxar un pouco a rutina de estar todo o día na casa

Un saúdo, ide traballando con calma e ánimo a todos.



2º ESO MÚSICA
- Frauta: Scarborough Fair
- Edición de partituras (MUSESCORE): escribir unha melodía de 6 compases coas características especificadas na 1ª entrada 
- Edición de son (AUDACITY) con música de Beethoven
- Análise dunha audición de Beethoven
- Responder aos 6 exercicios do 1º pdf (inclúe un para realizar no MUSESCORE)
- Dous tests (un de forma musical, outro de linguaxe musical)
- Exercicios de repaso da linguaxe musical (2º pdf)

Incluín algún vídeo explicativo e para que escoitedes música e subirei unha explicación (de viva voz, con gráficos e imaxes) sobre a forma musical por si hai algunha dúbida



3º ESO MÚSICA
- Responder ás preguntas sobre o Barroco (1º pdf)
- Prepara unha presentación sobre Beethoven
- Análise de 6 audicións do Barroco
- Dous test: un do Barroco e outro de audicións
- Frauta: o Canon de Pachelbel
- Visionado dun vídeo sobre o Canon de Pachelbel e test

Incluín algúns vídeos explicativos sobre o Barroco e subirei unha explicación (de viva voz, con gráficos e imaxes) por si hai algunha dúbida






1º BACHARELATO LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL
- Responder ás preguntas do primeiro pdf
- Traballo sobre 7 audicións de Beethoven
- Preparar unha presentación sobre o aparato fonador
- Visionado dun vídeo sobre o Himno da Alegría e contestar ás preguntas do segundo pdf
- Modificar a partitura do Himno da Alegría (MUSESCORE/ SCORE CREATOR)
- Frauta: Resistiré



2º ESO B  VALORES ÉTICOS
- Traballo sobre o estado de dereito, a democracia e a Constitución
- Contestar a 7 preguntas relacionadas cos apartados do tema anterior






4º ESO ARTES ESCÉNICAS E DANZA
- Traballo: buscar información sobre distintos termos e personaxes relacionados coa danza. Preparar unha exposición sobre dous deles
- Gravar un monólogo
- Buscar información sobre algunhas danzas españolas e situalas nun mapa
- Localizar xeográficamente algunhas danzas europeas e facer un test




1º BACHARELATO OBRADOIRO DE TEATRO
- Traballo: o método Stanislavsky
- Memorización e análise (pdf) das obras que se estaban a preparar na aula


venres, 27 de marzo de 2020

O MITO

3º ESO MÚSICA

3º ESO
MÚSICA

Como sabedes a partitura do período barroco que vos mandei é o Canon de Pachelbel. Pois ben,  imos aprender algo máis sobre esta peza musical a través do visionado do seguinte vídeo (tomade nota dos aspectos que vos parezan máis salientables porque logo tedes que contestar unha serie de preguntas en forma de test)


E agora a contestar as preguntas

2º ESO MÚSICA

2º ESO
MÚSICA

Hoxe imos repasar algunhas cousas de linguaxe musical que temos visto no curso


COVIDeo Doméstico

COVIDeo Doméstico

A organización do certame Olloboi 2020 acaba de convocar unha nova categoría, Olloboi COVIDeo Doméstico, á que poderán presentarse vídeos gravados desde os fogares. O curso Aprendo con Olloboi (https://blog.olloboi.com/aprendo-con-olloboi/) pode ser de moita axuda para realizar este traballo. Atoparedes máis información en https://www.olloboi.com/olloboi-codvideo/.



Esta pode ser una tarefa para o alumnado de Artes Escénicas e de Obradoiro de Teatro, pero está aberta a todos. Corren tempos inauditos: narrémolos coa nosa mirada e así construiremos colectivamente o relato do que pasou. Está nas nosas mans que froito desta crise se reforcen ou deterioren os lazos sociais, e sempre hai que apostar por facelos máis sólidos, fermosos e solidarios que nunca. O cine pode ser a ferramenta.
Animádevos a participar

xoves, 26 de marzo de 2020

1º BACH LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL

1º BACH
LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL

Bo día, "Resistiré" do Dúo Dinámico é unha canción proposta nestes días de confinamento para cantar e tocar nos balcóns e fiestras desde casa. É unha canción de superación, e nestes días difíciles baixo o lema #YoMeQuedoEnCasa, propóñovos aprendela e tocala desde os vosos fogares. Podedes escoller a voz que prefirades (mirade as dúas e así poderemos tocar a dúas voces á volta).  Tedes que ter en conta que na frauta 1 no final aparece un Do# agudo (tócase como un La destapando atrás) e a armadura (todos os Si son bemol)







A quí tedes o tutorial/karaoke 

mércores, 25 de marzo de 2020

OBRADOIRO DE TEATRO

1º BACHARELATO
OBRADOIRO DE TEATRO

Hoxe vos propoño analizar as obras que estamos a preparar. 


2º ESO B VALORES

VALORES
2º ESO B

Seguindo co traballo sobre política que xa debedes ter medio feito, aquí déixovos unas preguntas para que fagades. Son sobre algúns dos apartados do traballo

martes, 24 de marzo de 2020

1º BACH LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL

1º BACH
LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL

Aquí vos deixo  un vídeo sobre unha das melodías máis famosas compostas por Beethoven



 A partir deste vídeo responde ás seguintes pregunntas



A partir da última proposta do vídeo imos facer unha variación (melódica, armónica, rítmica,  tímbrica, varias cousas á vez...) desta melodía (que resulte mínimamente recoñecible) empregando Musescore ou Score Creator. Enviádeme o resultado en arquivo pdf (si pode ser en audio mellor, pero non sei si Score Creator deixa exportar audios)

4º ESO ARTES ESCÉNICAS E DANZA

ARTES ESCÉNICAS E DANZA

Danzas de España: busca información (breve) sobre as seguintes danzas folklóricas de España e elabora un mapa situando cada unha delas na súa provincia correspondente:
danza prima       isa      sardana       muiñeira       aurresku      jota       chotis      
 sevillanas        fandango      seguidilla        copeo

Danzas de Europa: busca de que país proceden as seguintes danzas: 
sirtaki       vals        giga       csárdá        jopak        corridinho        alunelul       il-maltija
morris dance        halling         branle        schwertertanz          tarantela         troika

Logo de ter localizadas estas danzas sitúaas no mapa
Para a realización do test tendes dúas posibilidades: ou ben o facedes sen rexistrarvos en educaplay, co cal eu non podo saber si os fixestes ou non; ou ben vos rexistrades na plataforma. É moi sinxelo, no caso de que vos rexistredes, só necesitades o correo electrónico, e (importante) poñer o voso nome e apelido como nome de usuario (para que vos poda recoñecer)

luns, 23 de marzo de 2020

2º ESO MÚSICA

2º ESO
MÚSICA
Aquí tedes o segundo test. É de linguaxe musical (do que levamos dado no curso)


2º ESO MÚSICA

2º ESO
MÚSICA

Bo día, hoxe propóñovos como actividade a realización de dous tests. Tendes dúas posibilidades: ou ben os facedes sen rexistrarvos en educaplay, co cal eu non podo saber si os fixestes ou non; ou ben os facedes logo de rexistrarvos na plataforma. É moi sinxelo, no caso de que vos rexistredes, só necesitades o correo electrónico, e (importante) poñer o voso nome e apelido como nome de usuario (para que vos poda recoñecer)
O primeiro test sobre a forma musical o tedes aquí, o segundo poñereino logo.

3º ESO MÚSICA

3º ESO
MÚSICA

Bo día, hoxe propóñovos como actividade a realización de dous tests sobre o período barroco. Tendes dúas posibilidades: ou ben os facedes sen rexistrarvos en educaplay, co cal eu non podo saber si os fixestes ou non; ou ben os facedes logo de rexistrarvos na plataforma. É moi sinxelo, no caso de que vos rexistredes, só necesitades o correo electrónico, e (importante) poñer o voso nome e apelido como nome de usuario (para que vos poda recoñecer)

Teoría e audicións do Barroco:





AVISO

Neste blog estánse a publicar traballos de distintas materias e niveis educativos. Para ter un acceso completo a cada nivel e materia preme nunha entrada á esquerda e baixa ata o apartado "Etiquetas" (debaixo de Publicado por). Preme no texto e terás acceso directo a todas as entradas correspondentes a ese nivel e materia. Así é máis doado ter acceso a todas as actividades dunha materia e nivel que se vaian publicando

As etiquetas que empregamos son:
- para 2º ESO (Música): TRABALLO 2º ESO MÚSICA
- para 2º ESO (Valores): TRABALLO VALORES 2º ESO B
- para 3º ESO (Cultura Clásica): TRABALLO CULTURA CLÁSICA
- para 3º ESO (Música): TRABALLO 3º ESO MÚSICA
- para 4º ESO (AAEE): TRABALLO ARTES ESCÉNICAS
- para 1º Bach (Linguaxe e Práctica musical): TRABALLO 1º BACH MÚSICA
- para 1º Bach (Obradoiro de teatro): TRABALLO OBRADOIRO DE TEATRO


venres, 20 de marzo de 2020

3º ESO MÚSICA

3º ESO
MÚSICA


Aquí déixovos unha dirección para repasar de forma distinta a música barroca (o Barroco vai das páxinas 26/27 ás 35/36)

https://issuu.com/profesorlesty/docs/historia_de_la_musica  

Un apunte sobre o BAIXO CONTINUO e a MELODÍA ACOMPAÑADA (nova textura do período)
Na melodía acompañada unha voz levaba a melodía principal e o acompañamiento realizábano outras voces, xeneralmente interpretadas por instrumentos polifónicos (como o órgano ou o clave).
Estoutras voces daban apoio armónico á voz principal, desenvolvéndose unha técnica de acompañamiento chamada baixo continuo ou baixo cifrado. Debaixo da liña escrita do baixo anotábanse unhas cifras -o cifrado- que correspondían ás notas do acorde que debía crearse para completar o acompañamiento. Isto foi moi innovador: estas notas podían interpretarse como acorde, ou arpegio, ou con notas de paso... Así que cada instrumentista dáballe un toque persoal, ás veces improvisando sobre ese acorde. Tamén podía ocorrer que un instrumento de son grave realizase a liña escrita do baixo (o violoncello, por exemplo) e outro instrumento máis agudo interpretase o cifrado (a arpa, por exemplo).


Imos ver un exemplo visual de Baixo continuo. A peza comeza cun recitativo acompañado polo baixo continuo. As tres capas sonoras serían a voz aguda, o reencho de acordes do clave e o baixo no violoncelo. Como se pode ver no video o reencho de acordes NON se adoitaba escribir e tocábase ou improvisaba segundo o cifrado da liña melódica do baixo (baixo cifrado). A partir do segundo 40 comeza o dúo (en forma de diálogo entre voz e flauta con forma de eco e lixeiro contrapunto) entre voz e flauta, máis o continuo no clave e o violoncelo. Logo volve o recitativo para continuar nunha estrutura que alterna recitativo e dúo (ata o minuto 4)



TRABALLO INVESTIGACIÓN

DESCARGAR

https://drive.google.com/file/d/1PM40tEQyMzkY5GnPo0HUyByj2wVg3VGz/view?usp=sharing

BEETHOVEN

 BEETHOVEN




Beethoven foi un xenial compositor e un dos máis famosos de todos os tempos, e aproveito para presentarvos unha Web: "Beethoven for kinder" dedicada a el, na que tedes imaxes, animaciones, textos sobre a vida, as composicións, familia,etc. (aproveitade os que tedes que facer algún traballo)

2º ESO MÚSICA

2º ESO
MÚSICA




2º ESO - FORMA MUSICAL-

Bo día. Hoxe imos repasar as formas musicais a través de exemplos prácticos. Para iso déixovos uns enlaces a Youtube nos que poderedes escoitar fragmentos ou pezas completas.
Primeiro un repaso xeral das formas


Aínda que xa estaba recollida no vídeo anterior aquí tedes unha explicación mellor do Rondó


Aquí déixovos música, un dos exemplos máis coñecidos da forma Tema con variacións


Agora escoitade un canon. Xa sabedes que o canon é unha forma musical na que as distintas partes incorpóranse sucesivamente repetindo a melodía da voz principal. O sorprendente do Canon do Cangrejo de Johann Sebastian Bach é que o acompañamento repite exactamente o feito pola voz principal pero en sentido inverso, o cal pódese ver perfectamente na partitura: o pentagrama de abaixo repite o escrito no de arriba pero invertido no tempo. Direino doutro xeito: unha melodía interpretada marcha atrás sérvese de acompañamiento a si mesma.




































E para rematar déixovos aquí unha explicación da fuga