luns, 16 de marzo de 2020

TRABALLO 2º ESO MÚSICA

2º ESO 
MÚSICA






Aquí déixovos o traballo para facer estes días




Traballo teórico: A FORMA MUSICAL  (inclúe teoría e práctica)




 Como sabedes este é o ano Beethoven polo que imos traballar unha AUDICIÓN deste compositor. Incluíde na análise os apartados de sempre (timbre, tempo, textura, dinámica, armonía, carácter), e engadide a contextualización da obra (período ao que pertence, breve mención ao autor, importancia da obra, anécdotas...) e algunha referencia á interpretación (orquestra, solista, director..)


Traballo de EDICIÓN DE SON (AUDACITY): descargar 5 composicións de Beethoven (non vale á da audición). No Audacity gravar unha pequena introducción sobre o compositor e engadir un fragmento de cada composición (lembrade empregar a ferramenta de aparecer/esvaecer progresivamente) xunto coa vosa voz presentando cada fragmento. Que non pase de 5 minutos


Traballo de EDICIÓN DE PARTITURAS. No MUSESCORE compoñer unha melodía seguindo a seguinte estructura (sucesión de cordes)
               I - V / VI - IV / I - V/ IV - V/ I - V/ V- I/
Compás: 4/4
Ollade que son dous acordes por compás e que teñen a duración dunha branca (SEN DISONANCIAS NO INICIO DE CADA ACORDE)   Só tedes que escribir a melodía (os acordes só son unha guía) 
Instrumento: calquer instrumento en clave de sol
Escala de DO (SEN ALTERACIÓNS), polo que imos rematar a melodía en DO nota longa  


Para rematar lembrade prácticar coa frauta algunha das cancións que xa vimos e mirade a seguinte : 


   Se o necesitades aquí tedes un tutorial: https://www.youtube.com/watch?v=600iadl1zYE                                                                                                          

Ningún comentario:

Publicar un comentario