RESUMO DE TAREFAS
Bo día a todos, hoxe vos presento un resumo das tarefas que vos propuxen desde o día 16 de marzo ata hoxe. Lembrade premer na etiqueta do curso e materia correspondente para acceder a tódalas entradas.
Non puxen data de entrega das tarefas, pero espero que teñades algo feito porque a partir da segunda quincena de abril pedireivos que me remitades algúns deles. Si xa tedes feitos algúns podedes ir mandándoos ao correo ao que mandastes os traballos todo o curso.
Algunhas puntualizacións sobre as tarefas:
- Os traballos de MUSESCORE/ SCORE CREATOR mandádeos en formato pdf (lembrade seleccionar a opción pdf cando exportedes)
- Os traballos de AUDACITY exportádeos en formato mp3 ou WAV
- As presentacions: a idea era velas á volta, pero como non sabemos cando imos voltar o mellor é que as fagades nun formato que vos permita envialas
- Os traballos teóricos (responder preguntas ou análise de audicións) en formato pdf
- Os test podédelos facer cantas veces queirades. Ao rematar cada test tedes a opción de ver a corrección e saber onde fallastes. Si vos rexistrades en educaplay podo ver quen o fixo, se non non podo
- A frauta: anímovos a tocar, non só para non perder destreza nos dedos senon para distraervos e relaxar un pouco a rutina de estar todo o día na casa
Un saúdo, ide traballando con calma e ánimo a todos.
2º ESO MÚSICA
- Frauta: Scarborough Fair
- Edición de partituras (MUSESCORE): escribir unha melodía de 6 compases coas características especificadas na 1ª entrada
- Edición de son (AUDACITY) con música de Beethoven
- Análise dunha audición de Beethoven
- Responder aos 6 exercicios do 1º pdf (inclúe un para realizar no MUSESCORE)
- Dous tests (un de forma musical, outro de linguaxe musical)
- Exercicios de repaso da linguaxe musical (2º pdf)
Incluín algún vídeo explicativo e para que escoitedes música e subirei unha explicación (de viva voz, con gráficos e imaxes) sobre a forma musical por si hai algunha dúbida
3º ESO MÚSICA
- Responder ás preguntas sobre o Barroco (1º pdf)
- Prepara unha presentación sobre Beethoven
- Análise de 6 audicións do Barroco
- Dous test: un do Barroco e outro de audicións
- Frauta: o Canon de Pachelbel
- Visionado dun vídeo sobre o Canon de Pachelbel e test
Incluín algúns vídeos explicativos sobre o Barroco e subirei unha explicación (de viva voz, con gráficos e imaxes) por si hai algunha dúbida
1º BACHARELATO LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL
- Responder ás preguntas do primeiro pdf
- Traballo sobre 7 audicións de Beethoven
- Preparar unha presentación sobre o aparato fonador
- Visionado dun vídeo sobre o Himno da Alegría e contestar ás preguntas do segundo pdf
- Modificar a partitura do Himno da Alegría (MUSESCORE/ SCORE CREATOR)
- Frauta: Resistiré
2º ESO B VALORES ÉTICOS
- Traballo sobre o estado de dereito, a democracia e a Constitución
- Contestar a 7 preguntas relacionadas cos apartados do tema anterior
4º ESO ARTES ESCÉNICAS E DANZA
- Traballo: buscar información sobre distintos termos e personaxes relacionados coa danza. Preparar unha exposición sobre dous deles
- Gravar un monólogo
- Buscar información sobre algunhas danzas españolas e situalas nun mapa
- Localizar xeográficamente algunhas danzas europeas e facer un test
1º BACHARELATO OBRADOIRO DE TEATRO
- Traballo: o método Stanislavsky
- Memorización e análise (pdf) das obras que se estaban a preparar na aula
Ningún comentario:
Publicar un comentario