venres, 27 de marzo de 2020

COVIDeo Doméstico

COVIDeo Doméstico

A organización do certame Olloboi 2020 acaba de convocar unha nova categoría, Olloboi COVIDeo Doméstico, á que poderán presentarse vídeos gravados desde os fogares. O curso Aprendo con Olloboi (https://blog.olloboi.com/aprendo-con-olloboi/) pode ser de moita axuda para realizar este traballo. Atoparedes máis información en https://www.olloboi.com/olloboi-codvideo/.



Esta pode ser una tarefa para o alumnado de Artes Escénicas e de Obradoiro de Teatro, pero está aberta a todos. Corren tempos inauditos: narrémolos coa nosa mirada e así construiremos colectivamente o relato do que pasou. Está nas nosas mans que froito desta crise se reforcen ou deterioren os lazos sociais, e sempre hai que apostar por facelos máis sólidos, fermosos e solidarios que nunca. O cine pode ser a ferramenta.
Animádevos a participar

Ningún comentario:

Publicar un comentario