xoves, 26 de marzo de 2020

1º BACH LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL

1º BACH
LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL

Bo día, "Resistiré" do Dúo Dinámico é unha canción proposta nestes días de confinamento para cantar e tocar nos balcóns e fiestras desde casa. É unha canción de superación, e nestes días difíciles baixo o lema #YoMeQuedoEnCasa, propóñovos aprendela e tocala desde os vosos fogares. Podedes escoller a voz que prefirades (mirade as dúas e así poderemos tocar a dúas voces á volta).  Tedes que ter en conta que na frauta 1 no final aparece un Do# agudo (tócase como un La destapando atrás) e a armadura (todos os Si son bemol)







A quí tedes o tutorial/karaoke 

Ningún comentario:

Publicar un comentario