Aquí déixovos o último traballo desta materia. Tedes ata o 15 de xuño para entrégalo.
1ª parte: AUDICIÓN. Facede un comentario completo da seguinte obra
2ª parte:
TRABALLO DE EDICIÓN DE PARTITURAS (Musescore/Score Creator)
Completa a melodía (non quere dicir que teñades que cambiar todos os silencios por notas, pero sí encher unha melodía que ten demasiados ocos) tendo en conta que estamos en Re menor (lembrade os graos principais)
3ª parte:
TEST de recursos musicais. Tende en conta o significado dos seguintes termos: ostinato, nota pedal, melisma, contrapunto, homofonía, arpegio, baixo Alberti, secuencia melódica, acorde e melodía acompañada.
Aquí déixovos as correccións das audicións e das preguntas sobre o fenómeno físico-armónico. Lembrade o traballo/presentación sobre o aparato fonador (hasta finais de mes)
Como sabedes este é o ano Beethoven polo que imos traballar unha AUDICIÓN deste compositor. Incluíde na análise os apartados de sempre (timbre, tempo, textura, dinámica, armonía, carácter), e engadide a contextualización da obra (período ao que pertence, breve mención ao autor, importancia da obra, anécdotas...) e algunha referencia á interpretación (orquestra, solista, director..)
Tedes que ver o vídeo sobre o Himno da alegría e contestar ás preguntas do PDF. Ademáis tedes que facer una infografía sobre o himno (incluíndo fotografías e información esencial)
A VARIACIÓN do himno da alegría (SCORE CREATOR ou MUSESCORE)
Música/Valores 2ºB/Artes Escénicas/Obradoiro de teatro
Bo día a todos, xavai facer un mes desde que vos mandei algunhas tarefas, polo que xa é hora de que me mandedes o voso traballo.
Vóuvolo a pedir escalonadamente (non vai ir todo xunto) e cada grupo de tarefas terédelas que entregar nas datas sinaladas (ademáis vou ir subindo algunhas solucións e respostas polo que non me enviedes o que xa poida estar corrixido). Tivestes suficiente tempo para ir facendo os traballos con calma así que agora toca ver o que fixestes.
Algúns xa mandástedes os vosos traballos e fixestes os tests polo que estaredes máis descansados. En relación cos tests insisto: os que non vos rexistredes facede unha captura de pantalla do resultado e mandarma porque senón non hai constancia de que os fixestesENTREGA DO 15 AO 22 DE ABRIL2º ESO MÚSICA
Os exercicios do primeiro pdf
Os traballos de Musescore (lembrade que hai un exercicio de Musescore no pdf)
O test de FORMA MUSICAL
3º ESO MÚSICA
As preguntas do primeiro pdf (barroco)
O test do BARROCO
1º BACH LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL
As preguntas sobre sistemas de afinación e o fenómeno físico-armónico
As audicións de Beethoven
2º ESO B VALORES ÉTICOS
O traballo sobre democracia, estado de dereito e constitución
4º ESO ARTES ESCÉNICAS E DANZA
O traballo de buscar información (breve) e ordenar cronolóxicamente os personaxes e términos do mundo da danza
A preparación dun traballo máis extenso sobre dous deles
1º BACH OBRADOIRO DE TEATRO
O traballo sobre o método Stanislavsky
Bo día, "Resistiré" do Dúo Dinámico é unha canción proposta nestes días de confinamento para cantar e tocar nos balcóns e fiestras desde casa. É unha canción de superación, e nestes días difíciles baixo o lema #YoMeQuedoEnCasa, propóñovos aprendela e tocala desde os vosos fogares. Podedes escoller a voz que prefirades (mirade as dúas e así poderemos tocar a dúas voces á volta). Tedes que ter en conta que na frauta 1 no final aparece un Do# agudo (tócase como un La destapando atrás) e a armadura (todos os Si son bemol)
Aquí vos deixo un vídeo sobre unha das melodías máis famosas compostas por Beethoven
A partir deste vídeo responde ás seguintes pregunntas
A partir da última proposta do vídeo imos facer unha variación (melódica, armónica, rítmica, tímbrica, varias cousas á vez...) desta melodía (que resulte mínimamente recoñecible) empregando Musescore ou Score Creator. Enviádeme o resultado en arquivo pdf (si pode ser en audio mellor, pero non sei si Score Creator deixa exportar audios)
Beethoven foi un xenial compositor e un dos máis famosos de todos os tempos, e aproveito para presentarvos unha Web: "Beethoven for kinder" dedicada a el, na que tedes imaxes, animaciones, textos sobre a vida, as composicións, familia,etc. (aproveitade os que tedes que facer algún traballo)
Traballo: prepara una exposición sobre O aparato fonador (órganos, función, tipos de voz, colocación da voz, enfermedades, e calquer outro aspecto relacionado coa emisión da voz)
Audicións: prepara un programa de radio sobre as seguintes obras de Beethoven (estamos no ano Beethoven)