Aquí tedes o último traballo da materia dividido en dúas partes: un test sobre as tipoloxías de artes escénicas e unha presentación sobre algunhas delas. Tedes ata o17 de maio
PRESENTACIÓN: recollede unha fotografía e unha breve explicación das seguintes manifestacións: pantomima, musical, teatro de títeres, teatro negro, auto sacramental e circo
TEST: identificación dalgunha das tipoloxías de artes escénicas que temos visto na aula
Como sabedes este é o ano Beethoven polo que imos traballar unha AUDICIÓN deste compositor. Incluíde na análise os apartados de sempre (timbre, tempo, textura, dinámica, armonía, carácter), e engadide a contextualización da obra (período ao que pertence, breve mención ao autor, importancia da obra, anécdotas...) e algunha referencia á interpretación (orquestra, solista, director..)
Tedes que ver o vídeo sobre o Himno da alegría e contestar ás preguntas do PDF. Ademáis tedes que facer una infografía sobre o himno (incluíndo fotografías e información esencial)
A VARIACIÓN do himno da alegría (SCORE CREATOR ou MUSESCORE)
Música/Valores 2ºB/Artes Escénicas/Obradoiro de teatro
Bo día a todos, xavai facer un mes desde que vos mandei algunhas tarefas, polo que xa é hora de que me mandedes o voso traballo.
Vóuvolo a pedir escalonadamente (non vai ir todo xunto) e cada grupo de tarefas terédelas que entregar nas datas sinaladas (ademáis vou ir subindo algunhas solucións e respostas polo que non me enviedes o que xa poida estar corrixido). Tivestes suficiente tempo para ir facendo os traballos con calma así que agora toca ver o que fixestes.
Algúns xa mandástedes os vosos traballos e fixestes os tests polo que estaredes máis descansados. En relación cos tests insisto: os que non vos rexistredes facede unha captura de pantalla do resultado e mandarma porque senón non hai constancia de que os fixestesENTREGA DO 15 AO 22 DE ABRIL2º ESO MÚSICA
Os exercicios do primeiro pdf
Os traballos de Musescore (lembrade que hai un exercicio de Musescore no pdf)
O test de FORMA MUSICAL
3º ESO MÚSICA
As preguntas do primeiro pdf (barroco)
O test do BARROCO
1º BACH LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL
As preguntas sobre sistemas de afinación e o fenómeno físico-armónico
As audicións de Beethoven
2º ESO B VALORES ÉTICOS
O traballo sobre democracia, estado de dereito e constitución
4º ESO ARTES ESCÉNICAS E DANZA
O traballo de buscar información (breve) e ordenar cronolóxicamente os personaxes e términos do mundo da danza
A preparación dun traballo máis extenso sobre dous deles
1º BACH OBRADOIRO DE TEATRO
O traballo sobre o método Stanislavsky
Danzas de España: busca información (breve) sobre as seguintes danzas folklóricas de España e elabora un mapa situando cada unha delas na súa provincia correspondente: danza prima isa sardana muiñeira aurresku jota chotis sevillanas fandango seguidilla copeo
Danzas de Europa: busca de que país proceden as seguintes danzas:
Logo de ter localizadas estas danzas sitúaas no mapa Para a realización do test tendes dúas posibilidades: ou ben o facedes sen rexistrarvos en educaplay, co cal eu non podo saber si os fixestes ou non; ou ben vos rexistrades na plataforma. É moi sinxelo, no caso de que vos rexistredes, só necesitades o correo electrónico, e (importante) poñer o voso nome e apelido como nome de usuario (para que vos poda recoñecer)
Fai un traballo buscando información sobre as seguintes termos e personaxes. Ordénaos cronolóxicamente e prepara unha exposición a partir de dous deles
-Danza Butoh
- Serge Diaghilev
- María Camargo
-Terpsícore
- Ballet imperial ruso e Marius Petipa
- O Ballet das monxas
- Alicia Alonso
- Danzas da morte
- Carlo Blasis
- Isadora Duncan
-Martha Graham
Elabora e grava un mónologo (de creación propia) sobre calquer tema de actualidade. Duración 3-4 minutos.