Bo día, hoxe déixovos unha nova tarefa para facer. Tedes que facer unha presentación sobre o filósofo que máis temos nomeado no curso. Lembrades a Aristóteles? Pois o traballo consiste en facer unha presentación sobre tres puntos concretos:
Como sabedes este é o ano Beethoven polo que imos traballar unha AUDICIÓN deste compositor. Incluíde na análise os apartados de sempre (timbre, tempo, textura, dinámica, armonía, carácter), e engadide a contextualización da obra (período ao que pertence, breve mención ao autor, importancia da obra, anécdotas...) e algunha referencia á interpretación (orquestra, solista, director..)
Tedes que ver o vídeo sobre o Himno da alegría e contestar ás preguntas do PDF. Ademáis tedes que facer una infografía sobre o himno (incluíndo fotografías e información esencial)
A VARIACIÓN do himno da alegría (SCORE CREATOR ou MUSESCORE)
Música/Valores 2ºB/Artes Escénicas/Obradoiro de teatro
Bo día a todos, xavai facer un mes desde que vos mandei algunhas tarefas, polo que xa é hora de que me mandedes o voso traballo.
Vóuvolo a pedir escalonadamente (non vai ir todo xunto) e cada grupo de tarefas terédelas que entregar nas datas sinaladas (ademáis vou ir subindo algunhas solucións e respostas polo que non me enviedes o que xa poida estar corrixido). Tivestes suficiente tempo para ir facendo os traballos con calma así que agora toca ver o que fixestes.
Algúns xa mandástedes os vosos traballos e fixestes os tests polo que estaredes máis descansados. En relación cos tests insisto: os que non vos rexistredes facede unha captura de pantalla do resultado e mandarma porque senón non hai constancia de que os fixestesENTREGA DO 15 AO 22 DE ABRIL2º ESO MÚSICA
Os exercicios do primeiro pdf
Os traballos de Musescore (lembrade que hai un exercicio de Musescore no pdf)
O test de FORMA MUSICAL
3º ESO MÚSICA
As preguntas do primeiro pdf (barroco)
O test do BARROCO
1º BACH LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL
As preguntas sobre sistemas de afinación e o fenómeno físico-armónico
As audicións de Beethoven
2º ESO B VALORES ÉTICOS
O traballo sobre democracia, estado de dereito e constitución
4º ESO ARTES ESCÉNICAS E DANZA
O traballo de buscar información (breve) e ordenar cronolóxicamente os personaxes e términos do mundo da danza
A preparación dun traballo máis extenso sobre dous deles
1º BACH OBRADOIRO DE TEATRO
O traballo sobre o método Stanislavsky
Seguindo co traballo sobre política que xa debedes ter medio feito, aquí déixovos unas preguntas para que fagades. Son sobre algúns dos apartados do traballo
Fai un traballo (unha presentación para expoñer) cos seguintes apartados:
1. Que é o ESTADO DE DEREITO?
Diferencia entre cidadáns e súbditos Dereitos fundamentais dos cidadáns. Onde se recollen? A separación de poderes (Montesquieu) 2. A DEMOCRACIA Definición de democracia Orixe do termo Que é a soberanía popular? Valores nos que se basea a democracia A democracia representativa, democracia participativa, democracia directa Participación na democracia: voto (sufraxio universal), plebiscito, referendo Perigos da democracia; a demagoxia 3. España A Constitución española Quen elixe o poder lexislativo? Quen exerce ese poder? Cantas cámaras ten o parlamento español? Quen exerce o poder executivo? Quen o elixe? Que é o Consello Xeral do Poder Xudicial? Que funcións ten? 4. Dereitos Constitucionais Dereitos civís Dereitos políticos Dereitos sociais