venres, 20 de marzo de 2020

3º ESO MÚSICA

3º ESO
MÚSICA


Aquí déixovos unha dirección para repasar de forma distinta a música barroca (o Barroco vai das páxinas 26/27 ás 35/36)

https://issuu.com/profesorlesty/docs/historia_de_la_musica  

Un apunte sobre o BAIXO CONTINUO e a MELODÍA ACOMPAÑADA (nova textura do período)
Na melodía acompañada unha voz levaba a melodía principal e o acompañamiento realizábano outras voces, xeneralmente interpretadas por instrumentos polifónicos (como o órgano ou o clave).
Estoutras voces daban apoio armónico á voz principal, desenvolvéndose unha técnica de acompañamiento chamada baixo continuo ou baixo cifrado. Debaixo da liña escrita do baixo anotábanse unhas cifras -o cifrado- que correspondían ás notas do acorde que debía crearse para completar o acompañamiento. Isto foi moi innovador: estas notas podían interpretarse como acorde, ou arpegio, ou con notas de paso... Así que cada instrumentista dáballe un toque persoal, ás veces improvisando sobre ese acorde. Tamén podía ocorrer que un instrumento de son grave realizase a liña escrita do baixo (o violoncello, por exemplo) e outro instrumento máis agudo interpretase o cifrado (a arpa, por exemplo).


Imos ver un exemplo visual de Baixo continuo. A peza comeza cun recitativo acompañado polo baixo continuo. As tres capas sonoras serían a voz aguda, o reencho de acordes do clave e o baixo no violoncelo. Como se pode ver no video o reencho de acordes NON se adoitaba escribir e tocábase ou improvisaba segundo o cifrado da liña melódica do baixo (baixo cifrado). A partir do segundo 40 comeza o dúo (en forma de diálogo entre voz e flauta con forma de eco e lixeiro contrapunto) entre voz e flauta, máis o continuo no clave e o violoncelo. Logo volve o recitativo para continuar nunha estrutura que alterna recitativo e dúo (ata o minuto 4)


Ningún comentario:

Publicar un comentario