xoves, 17 de febreiro de 2022

 SAN VALENTÍN

A comezos de curso prometeramos un mar de historias polo que agora, por San Valentín, aproveitamos para repasar algunhas das historias de amor máis coñecidas. Historias reais e historias ficticias, tanto literarias como lendarias, que marcaron para sempre a vida dos seus protagonistas. Historias que ás veces son crueis e ás veces son fermosas e que enchen este San Valentín con moreas de amor.


Cal destas é a historia que máis che conmove?


Ademais en San Valentín tamén é un bo momento para namorarse... para namorarse dun bo libro. E se é á beira do mar, mellor. Porque calquera sitio é bo para gozar dun bo libro, pero se ao pracer da lectura sumámoslle a tranquilidade dunha praia, a banda sonora das ondas batendo na beira, a caricia suave do sol e unha brisa lixeira, obtemos ese pracer por duplicado. Así que saímos a pasear pola nosa costa e levámonos os nosos libros favoritos. Pero tamén, e sendo un pouco irreverentes, colocamos algúns deses libros en paisaxes marítimas retratadas por Caspar David Friedrich, Botticelli, Dalí, Sorolla ou Renoir.


Porque por San Valentín é tempo de namorarse dun bo libro




1 comentario:

  1. https://www.edu.xunta.gal/centros/iesdemugardos/aulavirtual/pluginfile.php/11707/mod_resource/content/1/Vinte%20historias%20de%20AMOR.pdf

    ResponderEliminar