No día mundial da auga queremos lembrar que na actualidade máis de 663 millóns de persoas viven sen subministración de auga potable preto de casa, o que lles obriga a pasar horas facendo cola ou trasladándose a fontes afastadas, así como a facer fronte a problemas de saúde debido ao consumo de auga contaminada.
Necesitamos aumentar a recolección e tratamento das augas residuais e reciclalas dunha forma segura. Ao mesmo tempo, necesitamos reducir a cantidade de auga que contaminamos e malgastamos para axudar a protexer o medio ambiente e os recursos hídricos
Aquí deixámosvos unha breve reflexión sobre o consumo de auga baseada no vídeo ao que Penélope Cruz puxo voz, neste caso na voz de Sara Vázquez
Ningún comentario:
Publicar un comentario