mércores, 28 de novembro de 2018

 25 de Novembro
      Día Mundial contra a violencia contra a muller

O venres 23 de novembro, no salón de actos, Mario e Uxía de 4º da ESO presentaron o acto conmemorativo en contra da violencia de xénero.



O alumnado de Investigación e Valores de 2º da ESO traballou sobre o tema da violencia contra a muller reflectida na arte




No acto proxectáronse distintos vídeos que nos permitiron debatir e reflexionar sobre o tema. Aquí tedes o vídeo de 2º da ESO da asignatura de Valores Éticos 



As alumnas de Artes Escénicas de 4º da ESO emocionáronnos coa posta en escena da obra, de creación propia,"Afectos Tóxicos"






                                         LECTURAS TERRORÍFICAS

Rematamos o noso  Novembro de medo cunhas lecturas de Xosé Miranda e Carlos Reigosa ("Arrepíos e outros medos") e Petronio (un conto do"Satiricón" que recolle a primeira mención a un lobishome) a cargo das alumnas de Artes Escénicas de 4º da ESO e de Grego de 2º Bacharelato. O alumnado de Obradoiro de Teatro de 2º Bach apareceu por sorpresa dándonos un susto de morte.
Podédelos ver no seguinte vídeo: 





mércores, 14 de novembro de 2018

     

        O 13 de Novembro morreu Stan Lee. Lee creou moitos dos heroes da MARVEL tecendo así un panteón de deidades na industria do entretemento. A súa imaxe e forma de comunicación eran icónicas, fixo moitos cameos en distintas películas e mesmo crearon bonecos que reproducían a súa imaxe. A súa vida baseouse ata o último minuto nun propósito. "Só quero divertirme".         




                                      A MORTE E OS HEROES

Neste mes de Novembro tan relacionado coa morte o alumnado de Latín e Lingua Galega de 4ª da ESO traballou sobre os heroes e a súa relación con ela


OS HEROES QUE BAIXARON
E VOLVERON DO HADES
AQUEL A QUEN OS DEUSES AMAN
MORRE MOZO

DESCRICIÓN e MAQUETA
do HADES



mércores, 7 de novembro de 2018


                                  SAMAÍN 2018

MENUDOS ARTISTAS!!



O mércores 31 de outubro tivemos o noso tradicional CONCURSO DE CABAZAS para celebrar o SAMAÍN.


 A gañadora do concurso foi a alumna de 1º ESO A: LOLA VIGO ca cabaza Shinde Ikiru

Lola lendo a explicación da súa cabaza
En palabras da propia Lola o motivo desta cabaza foi: "Porque o tema do instituto deste ano eran os superheroes, e o meu preferido de todos eles é BATMAN e decidín facelo á miña maneira. Mantiven a idea principal de personaxe, só lle din o toque de Samaín, decorando con pintura vermella a modo de sangue. Púxenlle os ollos vermellos para unha mirada asasina.
Na miña imaxinación, ese BATMAN é a versión morta, que é moitísimo máis forte co BATMAN normal, e ten un superpoder especial que consiste en despertar os mortos das tumbas e controlalos como se fosen un exército, tamén é amigo dos villanos. E non ten problema para estar nos dous bandos."

              O nome da gañadora deuse a coñecer na Biblioteca que estaba terroríficamente decorada para a ocasión
💀💀💀💀💀💀