30 - XANEIRO
DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ
A coñecida máxima "si vis pacem, para bellum" falsamente atribuída a César servíu de punto de partida, unha vez desbotada a apódose "para bellum", para que o alumnado reflexionase e aportase propostas para tratar de facer un mundo máis amigable.
Os traballos do alumnado quedaron recollidos nun enorme cartel no que as súas propostas completan e dan un novo sentido á prótese "si vis pacem"
MÚSICA E PAZ
Co segundo programa de radio deste curso sumámonos á celebración do Día da non violencia e a Paz cunha selección de obras musicais de distintas épocas históricas que dalgún xeito remiten ás guerras, ás súas consecuencias e ao desexo de rematar cos conflitos que azotan á humanidade desde o seus inicios.
Para rematar este programa contamos cunha versión propia do canon "Dona nobis pacem" de Mozart nas voces de: Lola, Gabriel (2º ESO), Helen (1º Bach) e a profesora Olga Recio, co acompañamento do alumnado de Música de 1º Bach nas frautas
| Elia Durán, Lucia Mei Gallego, Xoana Pérez, Helen Núñez, Yuxin Zheng, Marta Ibón, Daniel Cartelle, Elisabeth Gañán Gabriel Vila, Olga Recio, Lola Vigo, Helen Núñez |