venres, 18 de maio de 2018

DÍA DE EUROPA
9- MAIO


No corredor do centro están expostos os traballos que fixo o alumnado de Valores Éticos de1º, 2º e 3º da ESO con motivo do Día de Europa
Mito de Europa, Fundadores da Unión Europea, Símbolos da Unión Europea, Valores da Unión Europea, Antecedentes e Obxectivos...
DISTOPÍAS


Unha exposición de DISTOPÍAS para uns tempos difíciles



CONCURSO "TES TALENTO"



Neste vídeo podemos ver as actuacións que foron sometidas a votación do público.
O alumnado amosou os seus talentos no festival que se organizou para conmemorar o 
Día das Letras Galegas

luns, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO


LER ÁBRECHE A PORTA A UNHA MOREA DE MUNDOS

      Da man do alumnado do Obradoiro de Teatro (1º Bach) entramos
 nalgúns deses mundos aos que a literatura nos transporta


   Agradecemos a colaboración dos nosos compañeiros: 
Rafa, Raquel, Telmo, Olga, Patricia, e a todos aqueles que dalgún xeito permitiron que o traballo saíse adiante


Para celebrar esta data a Biblioteca repartiu ex libris entre os seus usuarios.

mércores, 11 de abril de 2018

 DÍA MUNDIAL DAS ONGs




Desde a asignatura de Valores Éticos nos cursos de 1º, 2º e 3º da ESO traballouse o tema das ONGs : listaxe, funcións ,problemas que tratan... Este vídeo recolle os froitos dese traballo

venres, 16 de marzo de 2018

14 de marzo

DÍA DE PI

O día 14 celebramos no Salón de actos do centro a Gala de PI. 
Entregáronse os premios aos gañadores do concurso de PITuit e do Campionato de memoria Moitos dos concursantes recurriron ao procedemento nemotécnico do Pazo da Memoria para acadar un elevado número de cifras memorizadas 
(algúns sobrepasaron as 200!!!!!😊😊)


Memorización dos decimais do número PI seguindo o procedemento nemotécnico do pazo da memoria




xoves, 15 de marzo de 2018

8 DE MARZO

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de Marzo, na conmemoración do día internacional da muller, fíxose visible nas rúas a forza extraordinaria das mulleres que coa primeira folga feminina reivindicaban a igualdade entre homes e mulleres, e protestaban contra a violencia machista.
O éxito da convocatoria abre a porta á esperanza de que este 8 de marzo sexa un punto de inflexión na loita pola igualdade, e o inicio do que podería ser a cuarta vaga do feminismo na que a muller podería equipararse de feito co home.
Nos anos 60 comeza a terceira vaga do feminismo que supuxo a liberación feminina e a liberación sexual. A moda, como produto cultural, reflicte ou apoia os cambios sociais e por iso, no marco do Proxecto deste curso, fixemos un repaso ás contribucións da moda á liberación feminina, con especial atención aos elementos innovadores e transgresores da década dos 60.




Tamén quixemos facer unha reseña dalgunhas das mulleres galegas máis relevantes



luns, 26 de febreiro de 2018


24 de Febreiro

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía convocando un concurso de poemas musicados aberto a todo o centro. Queremos salientar tanto a participación do alumnado como a calidade dos traballos, e por suposto, felicitar ás alumnas gañadoras.

                      3º Premio: BLANCA GAGO        1º Premio: ANA RUMBO          2º Premio: NOELIA CALVO    

Aquí vos deixamos os seus traballos:

1º PREMIO


2º PREMIO


3º PREMIO




Aquí deixamos unhas mostras da calidade dos traballos do alumnado


NOA CANIDO


ROCÍO ANCA


CARLA AMENEDO

https://www.youtube.com/watch?v=THRwbEbdyy0

NEREA FERNÁNDEZ 

venres, 2 de febreiro de 2018

                            DÍA ESCOLAR DA 

                      NON VIOLENCIA E A PAZ

O martes día 30 a última hora o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO reuniuse no salón de actos para conmemorar o día escolar da paz. Vimos vídeos, recitamos poemas e cantamos cancións dentro de un clima de moi bo rollito 😃😃😃



Desde as asignaturas de Valores Éticos, Investigación e Plástica adicamos un tempo a traballar sobre o tema, e velaquí os resultados