xoves, 9 de novembro de 2017

SAMAÍN 2017

Comezamos a nosa aproximación a Maio do 68, tema elixido para traballar este curso (no 2018 cumpriranse 50 anos daqueles feitos) cun recordo a personaxes que desde diversos ámbitos e ao longo da década dos 60 tentaron cambiar moitas cousas.

EXPOSICIÓN IN MEMORIAM
E xa que estamos no Samaín, que mellor que un cemiterio ao que se lle engadiron as cabazas talladas polo alumnado da ESO?

GAÑADORES DO CONCURSO

1º PREMIO
3º PREMIO
2º PREMIO


Cubrindo o cuestionario da exposición




















venres, 16 de xuño de 2017

WÓLOF Primeira parte

Senegal.


Wólof, Baobab, Griots... Hai xa bastantes anos que temos en Galicia xente que fala wólof. Que sabemos deles, do seu idioma, da súa cultura? A súa lingua, do mesmo xeito que a nosa, sobreviviu na oralidade e no ámbito familiar. Este pequeno vocabulario quere ser o inicio dunha estrada lingüística que conecte pobos, xentes e culturas.

Coa colaboración dos alumnos de Bacharelato: Djibril Diagne, Birama Fall e Álvaro Fernández Allegue

Traballo coordinado polas profesoras: Isabel Seoane, Olga Recio e Olga Cabalar










Catálogo Gabinete das marabillas

domingo, 4 de xuño de 2017

GABINETE DAS MARABILLAS

ELAS


Mulleres famosas, mulleres anónimas, mulleres que compoñen música, investigan, tecen... mulleres amantes e amadas. Todas elas mulleres marabillosas que fixeron grandes cousas, abriron camiños, romperon clichés ou traballaron en silencio... e que nesta exposición recuperamos a través de obxectos representativos das súas vidas


A aula de tócame-roque


E seguimos a celebrar o Día das Letras Galegas


esta vez cunha versión libre da comedia tráxica nun acto

de Francisco García Purriños feita polos

alumnos de Artes Escénicas (4º ESO)

Esperamos que vos guste!!!


mércores, 10 de maio de 2017

Actividades Letras Galegas 2017

Achegándonos a Casares

Sociedade

Cine

Lingua e Cultura

Música

Título dun libro

Artes Plásticas

Artes Plásticas II

Obra Literaria

Sopa de letras

Epitafio

Biografía

Títulos

Encrucillado

Títulos de libros

LETRAS GALEGAS 2017


luns, 24 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO 2017

Se queres rir  😄 😄
Se che gusta soñar 🙇 🙇
Se es curioso  👀  👀
Se queres aprender 🔎 🔎
Se tratas de esquecer preocupacións  😯 😯
Se buscas emocións 😭 😄
Se persegues respostas❔❔

SEMPRE TERÁS UN AMIGO AGARDANDO POR TI

📖  📖




mércores, 29 de marzo de 2017