Este ano conmemoramos o día da paz lembrando moitos dos conflitos que siguen a existir no mundo. Para íso o alumnado de 2º e 4º da ESO construíu un muro onde se poden ver conflitos, guerras, inxustizas e muros levantados para separar pobos.
IMAXINA UN MUNDO SEN MUROS.....
mércores, 19 de decembro de 2018
NADAL 2018 No noso particular Nacemento os pastorciños son algúns personaxes de contos do Nadal e algunhas superheroínas
Tamén están representadas algunhas das constelacións que nesa noite podíanse ver no ceo de Belén O alumnado de 4º de Latín buscou información sobre os personaxes mitolóxicos que dan nome a esas constelacións
Neste Belén temos información sobre algúns elementos da iconografía do Nadal
Tamén recordamos algunhas das principais obras musicais que se inspiran nestas datas
A nosa árbore de Nadal, seguindo o proxecto dos Superheroes e Superheroínas, está decorado cos logotipos dalgúns dos principais protagonistas dos cómics da Marvel e DC
O alumnado de 2º ESO buscou información sobre os personaxes que aparecen no Belén e elaborou estas tarxetas
venres, 14 de decembro de 2018
RECOMENDACIÓNS LECTURAS NADAL
mércores, 28 de novembro de 2018
25 de Novembro
Día Mundial contra a violencia contra a muller
O venres 23 de novembro, no salón de actos, Mario e Uxía de 4º da ESO presentaron o acto conmemorativo en contra da violencia de xénero.
O alumnado de Investigación e Valores de 2º da ESO traballou sobre o tema da violencia contra a muller reflectida na arte
No acto proxectáronse distintos vídeos que nos permitiron debatir e reflexionar sobre o tema. Aquí tedes o vídeo de 2º da ESO da asignatura de Valores Éticos
As alumnas de Artes Escénicas de 4º da ESO emocionáronnos coa posta en escena da obra, de creación propia,"Afectos Tóxicos"
LECTURAS TERRORÍFICAS Rematamos o noso Novembro de medo cunhas lecturas de Xosé Miranda e Carlos Reigosa ("Arrepíos e outros medos") e Petronio (un conto do"Satiricón" que recolle a primeira mención a un lobishome) a cargo das alumnas de Artes Escénicas de 4º da ESO e de Grego de 2º Bacharelato. O alumnado de Obradoiro de Teatro de 2º Bach apareceu por sorpresa dándonos un susto de morte. Podédelos ver no seguinte vídeo:
mércores, 14 de novembro de 2018
O 13 de Novembro morreu Stan Lee. Lee creou moitos dos heroes da MARVEL tecendo así un panteón de deidades na industria do entretemento. A súa imaxe e forma de comunicación eran icónicas, fixo moitos cameos en distintas películas e mesmo crearon bonecos que reproducían a súa imaxe. A súa vida baseouse ata o último minuto nun propósito. "Só quero divertirme".
A MORTE E OS HEROES Neste mes de Novembro tan relacionado coa morte o alumnado de Latín e Lingua Galega de 4ª da ESO traballou sobre os heroes e a súa relación con ela
OS HEROES QUE BAIXARON E VOLVERON DO HADES
AQUEL A QUEN OS DEUSES AMAN MORRE MOZO
DESCRICIÓN e MAQUETA do HADES
mércores, 7 de novembro de 2018
SAMAÍN 2018
MENUDOS ARTISTAS!!
O mércores 31 de outubro tivemos o noso tradicional CONCURSO DE CABAZAS para celebrar o SAMAÍN.
A gañadora do concurso foi a alumna de 1º ESO A: LOLA VIGO ca cabaza Shinde Ikiru
Lola lendo a explicación da súa cabaza
En palabras da propia Lola o motivo desta cabaza foi: "Porque o tema do instituto deste ano eran os superheroes, e o meu preferido de todos eles é BATMAN e decidín facelo á miña maneira. Mantiven a idea principal de personaxe, só lle din o toque de Samaín, decorando con pintura vermella a modo de sangue. Púxenlle os ollos vermellos para unha mirada asasina.
Na miña imaxinación, ese BATMAN é a versión morta, que é moitísimo máis forte co BATMAN normal, e ten un superpoder especial que consiste en despertar os mortos das tumbas e controlalos como se fosen un exército, tamén é amigo dos villanos. E non ten problema para estar nos dous bandos."
O nome da gañadora deuse a coñecer na Biblioteca que estaba terroríficamente decorada para a ocasión
💀💀💀💀💀💀
mércores, 10 de outubro de 2018
SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS
Iniciamos o curso cunha actividade encadrada no marco do tema proposto para o proxecto deste ano: Superheroes e superheroínas. O alumnado de Música realizou un traballo sobre cancións alusivas a distintos superheroes para conmemorar o Día Internacional da Música. O día 1 de Outubro, nos dous recreos, poidemos escoitar as cancións seleccionadas por eles.
Grupos e solistas: Black Sabbath, Miguel Bosé, Asfalto, Jan & Dean, Capitán Memo, Queen, Ramones, Paul McCartney and the wings, The Kinks, Manowar