Proxecto de centro para o curso 2025-26
sábado, 20 de setembro de 2025
xoves, 3 de xullo de 2025
ÍNSULA ROMANA
O alumnado de Latín de 4 ESO realizou a maqueta dunha ínsula romana e neste vídeo podemos ver o resultado do seu traballo. Grazas Bea
xoves, 24 de abril de 2025
DÍA DO LIBRO
Para conmemorar o Día do Libro o alumnado de 2° e 4° ESO de Proxecto Competencial elaborou unha serie de traballos sobre "Libros raros" e "Libros e Cancións".
Así, repasamos libros que serviron de inspiración para cancións como "Electric eye" de Judas Priest inspirada en "1984" de Orwell ou "Wonderland" de Taylor Swift inspirada na obra de Lewis Carroll "Alicia no país das marabillas".
Por otra banda o alumnado de 4° investigou sobre Libros raros, indescifrables, máxicos ou libros encuadernados con pel humana.
luns, 21 de abril de 2025
SEMANA CULTURAL
Case todas as actividades relizadas na II Semana Cultural no IES de Mugardos quedan recollidas no seguinte vídeo.
venres, 7 de marzo de 2025
8 - MARZO
MULLERES QUE CONTAN
O alumnado de Proxecto Competencial (2º ESO) traballou sobre algunhas mulleres escritoras de distintas épocas e estilos: desde Mary Shelley co seu "Frankenstein" a J.K.Rowling con "Harry Potter", pasando pola poesía de Emily Dickinson ou a de Rosalía de Castro, entre outras. O traballo plasmouse nunha serie de cartas de admiradores nas que se recoñece o valor da obra de cada escritora e a súa achega á cultura xeral. Por suposto, faltan moitas por lembrar e recoñecer.
Pola súa banda, o alumnado de Proxecto Competencial de 4º ESO traballou sobre a relación existente entre tecer e escribir: desde a etimoloxía compartida de palabras como "texto" e "téxtil", á existencia de termos comúns entre os textos e os téxtiles ("nó da historia", "fío do relato", "bordar un discurso"...), compartimos a hipótese de Irene Vallejo de que na antigüidade as mulleres foron as narradoras por antonomasia, pois elas, ligadas aos labores de costura, contaban historias e contos e por iso utilizaban as metáforas do tear. A partir de aquí vimos a relación entre mulleres que contan e distintas producións téxtiles, tanto reais (produción de dechados con mensaxes directas ou teas bordadas con mensaxes ocultas) como ficticios (o fío da vida que tecen as Moiras, o mito de Aracne, o tear de Penélope, o fío de Ariadna...)
domingo, 23 de febreiro de 2025
DÍA DE ROSALÍA
O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro cun podcast que recolle algúns dos seus poemas na voz do alumnado de 2 e 3 da ESO de Música. O podcast, presentado polo alumnado de Oratoria (4 ESO), mostra os traballos de edición nos que se mesturan poesía, música e efectos de son para lembrar a Rosalía no seu día.
luns, 17 de febreiro de 2025
14 - FEBREIRO
Para celebrar o día de San Valentín o alumnado de Proxecto Competencial (2º e 4º ESO) e o de Latín (4º ESO) recompilou información sobre distintos aspectos relacionados co amor: desde refráns populares a poetas clásicos pasando por mitos e síntomas do namoramento, ou por historias de amor inmortais e os tipos de amor existentes, o seu traballo móstranos unha visión moi ampla do amor. Ademais todos estes achegamentos serviron de inspiración para a composición de poemas que nos lembran que o amor é e foi sempre unha fonte inesgotable de inspiración.
sábado, 15 de febreiro de 2025
Día Mundial da Radio
O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio participando na iniciativa desenvolvida por Ponte... nas Ondas! cun traballo do alumnado de Oratoria (3 ESO) sobre as causas e consecuencias do cambio climático
martes, 4 de febreiro de 2025
domingo, 2 de febreiro de 2025
30- XANEIRO DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ
O 29 de xaneiro celebrouse no Salón de Actos do centro unha charla para conmemorar/concienciar ao alumnado no Día da Paz da man da Asociación "Solidariedade Galega co Pobo Saharauí" (SOGAPS). Falaron do Proxecto "Vacacións en Paz" e da situación do pobo saharauí, que despois de 50 anos sobrevive nos campamentos de refuxiados, na zona máis inhóspita do deserto. O alumnado coñeceu a súa situación e compartíu experiencias propias ademais de participar
nun improvisado desfile de moda
martes, 21 de xaneiro de 2025
ReciclARTE
GAÑADORES DO CONCURSO DE FABRICACIÓN DE INSTRUMENTOS E DECORACIÓN CON MATERIAIS RECICLADOS
Logo dunha longa deliberación (había moito nivel nas pezas presentadas) o xurado decidiu conceder o primero premio a Diana (2 ESO) polo seu dragón de origami 3D. O segundo premio ex aequo foi para a pandereta de Miriam (3 ESO) e o pau de choiva de Noa (2 ESO). E o terceiro premio foi para o chifre de Bruno (2 ESO). Parabéns aos premiados e a todo o alumnado participante no proxecto.