domingo, 2 de febreiro de 2025

30- XANEIRO DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 


O 29 de xaneiro celebrouse no Salón de Actos do centro unha charla para conmemorar/concienciar ao alumnado no Día da Paz da man da Asociación "Solidariedade Galega co Pobo Saharauí" (SOGAPS). Falaron do Proxecto "Vacacións en Paz" e da situación do pobo saharauí, que despois de 50 anos sobrevive nos campamentos de refuxiados, na zona máis inhóspita do deserto. O alumnado coñeceu a súa situación e compartíu  experiencias propias ademais de participar
nun improvisado desfile de moda 



Por outra banda o alumnado de Música de 3º ESO fixo unha selección de cancións que teñen como tema principal o desexo de paz no mundo


Neste día os Equipos de Polos Creativos e Dinamización Lingüística do centro organizaron un concurso de chapas con debuxos e frases en galego. O certame, dirixido ao alumnado da ESO, buscou fomentar a creatividade e a reflexión sobre a importancia da paz. Despois dunha gran participación os gañadores foron tres alumnas de 3º ESO e unha de 1º ESO que destacaron polos seus deseños e mensaxes inspiradoras.


Ningún comentario:

Publicar un comentario