O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro cun podcast que recolle algúns dos seus poemas na voz do alumnado de 2 e 3 da ESO de Música. O podcast, presentado polo alumnado de Oratoria (4 ESO), mostra os traballos de edición nos que se mesturan poesía, música e efectos de son para lembrar a Rosalía no seu día.
Para celebrar o día de San Valentín o alumnado de Proxecto Competencial (2º e 4º ESO) e o de Latín (4º ESO) recompilou información sobre distintos aspectos relacionados co amor: desde refráns populares a poetas clásicos pasando por mitos e síntomas do namoramento, ou por historias de amor inmortais e os tipos de amor existentes, o seu traballo móstranos unha visión moi ampla do amor. Ademais todos estes achegamentos serviron de inspiración para a composición de poemas que nos lembran que o amor é e foi sempre unha fonte inesgotable de inspiración.
O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio participando na iniciativa desenvolvida por Ponte... nas Ondas! cun traballo do alumnado de Oratoria (3 ESO) sobre as causas e consecuencias do cambio climático
O 29 de xaneiro celebrouse no Salón de Actos do centro unha charla para conmemorar/concienciar ao alumnado no Día da Paz da man da Asociación "Solidariedade Galega co Pobo Saharauí" (SOGAPS). Falaron do Proxecto "Vacacións en Paz" e da situación do pobo saharauí, que despois de 50 anos sobrevive nos campamentos de refuxiados, na zona máis inhóspita do deserto. O alumnado coñeceu a súa situación e compartíu experiencias propias ademais de participar nun improvisado desfile de moda
Por outra banda o alumnado de Música de 3º ESO fixo unha selección de cancións que teñen como tema principal o desexo de paz no mundo
Neste día os Equipos de Polos Creativos e Dinamización Lingüística do centro organizaron un concurso de chapas con debuxos e frases en galego. O certame, dirixido ao alumnado da ESO, buscou fomentar a creatividade e a reflexión sobre a importancia da paz. Despois dunha gran participación os gañadores foron tres alumnas de 3º ESO e unha de 1º ESO que destacaron polos seus deseños e mensaxes inspiradoras.