xoves, 25 de xaneiro de 2018

CERTAME VINDEVÍDEOS

PERGAMIÑO VINDEL 

Certame Vindevídeos 


 Coincidindo coa chegada a Galicia do Pergamiño Vindel (manuscrito do século XIII do trobador Martín Codax) presentámonos ao Certame Vindevideos coa finalidade de que o alumnado poidese achegarse ás cantigas medievais galego-portuguesas e ao universo trobadoresco a través da linguaxe audiovisual. E aínda que non gañamos, queremos compartir a nósa peza audiovisual,un estupendo traballo no que o alumnado participante soubo amosar as súas dotes interpretativas. 
Queremos, así mesmo, dar os nosos parabéns aos centros gañadores: o IES Francisco Asorey de Cambados (Pontevedra) e o CEIP do Carballal de Marín (Pontevedra). Tamén felicitar polo segundo premio ao Peque Coro do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol. 
Aquí vos deixamos o vídeo (“Bos tempos para a lírica”) realizado polos nosos alumnos/as


xoves, 21 de decembro de 2017

Nadal 2017


ÁS ÁRBORES DAS LECTURAS


Reciclando cd´s

Desde a Biblioteca desexámosvos un bo Nadal e un ano cheo de boas lecturas
💖💖

luns, 11 de decembro de 2017

                                             23 de NOVEMBRO

               DÍA INTERNCIONAL DA PALABRA

Enlazando co tema do proxecto deste ano escollemos algunhas das palabras clave da década dos 60

  

                                                         25 de NOVEMBRO






 DESMONTANDO CLIXÉS NA PUBLICIDADE

O alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato traballou sobre os estereotipos femeninos na publicidade



A exposición dos traballos está colocada no corredor principal do centro

xoves, 9 de novembro de 2017

SAMAÍN 2017

Comezamos a nosa aproximación a Maio do 68, tema elixido para traballar este curso (no 2018 cumpriranse 50 anos daqueles feitos) cun recordo a personaxes que desde diversos ámbitos e ao longo da década dos 60 tentaron cambiar moitas cousas.

EXPOSICIÓN IN MEMORIAM
E xa que estamos no Samaín, que mellor que un cemiterio ao que se lle engadiron as cabazas talladas polo alumnado da ESO?

GAÑADORES DO CONCURSO

1º PREMIO
3º PREMIO
2º PREMIO


Cubrindo o cuestionario da exposición




















venres, 16 de xuño de 2017

WÓLOF Primeira parte

Senegal.


Wólof, Baobab, Griots... Hai xa bastantes anos que temos en Galicia xente que fala wólof. Que sabemos deles, do seu idioma, da súa cultura? A súa lingua, do mesmo xeito que a nosa, sobreviviu na oralidade e no ámbito familiar. Este pequeno vocabulario quere ser o inicio dunha estrada lingüística que conecte pobos, xentes e culturas.

Coa colaboración dos alumnos de Bacharelato: Djibril Diagne, Birama Fall e Álvaro Fernández Allegue

Traballo coordinado polas profesoras: Isabel Seoane, Olga Recio e Olga Cabalar










Catálogo Gabinete das marabillas

domingo, 4 de xuño de 2017

GABINETE DAS MARABILLAS

ELAS


Mulleres famosas, mulleres anónimas, mulleres que compoñen música, investigan, tecen... mulleres amantes e amadas. Todas elas mulleres marabillosas que fixeron grandes cousas, abriron camiños, romperon clichés ou traballaron en silencio... e que nesta exposición recuperamos a través de obxectos representativos das súas vidas


A aula de tócame-roque


E seguimos a celebrar o Día das Letras Galegas


esta vez cunha versión libre da comedia tráxica nun acto

de Francisco García Purriños feita polos

alumnos de Artes Escénicas (4º ESO)

Esperamos que vos guste!!!