PERGAMIÑO VINDEL
Certame Vindevídeos
Coincidindo coa chegada a Galicia do Pergamiño Vindel (manuscrito do século XIII do trobador Martín Codax) presentámonos ao Certame Vindevideos coa finalidade de que o alumnado poidese achegarse ás cantigas medievais galego-portuguesas e ao universo trobadoresco a través da linguaxe audiovisual. E aínda que non gañamos, queremos compartir a nósa peza audiovisual,un estupendo traballo no que o alumnado participante soubo amosar as súas dotes interpretativas.
Queremos, así mesmo, dar os nosos parabéns aos centros gañadores: o IES Francisco Asorey de Cambados (Pontevedra) e o CEIP do Carballal de Marín (Pontevedra). Tamén felicitar polo segundo premio ao Peque Coro do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol.
Aquí vos deixamos o vídeo (“Bos tempos para a lírica”) realizado polos nosos alumnos/as
Ningún comentario:
Publicar un comentario